- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Beatriz de Castro
Unha muller con poder e autoridade na cidade de Ourense durante o século XV

Autora do retrato de Beatriz de Castro: Rosa Figueroa
Ámbitos de ocupación...
Político - Institucional
Doméstico
Aínda que as orixes de dona Beatriz de Castro non son ben coñecidas, sabemos que foi irmá de dona Isabel de Castro –muller de Xoán Freire de Lanzós– e que casou co cabaleiro e rexedor ourensán García Díaz de Cadórniga, o que a sitúa entre a baixa nobreza galega.
Con anterioridade á súa viuvez, é dicir, antes de 1440, apenas temos datos sobre ela máis alá da súa plena coparticipación en actuacións xurídicas de carácter patrimonial, tanto soa como en compañía do seu marido. Porén, tras a morte de García Díaz, dona Beatriz ocupou un destacado papel nas loitas urbanas do momento, poñendo de manifesto a súa capacidade de intervención nos asuntos públicos ao igual que o seu fillo, Pedro Díaz de Cadórniga, quen mantivo unha actitude rebelde e de excesos na cidade, enfrontándose especialmente ao bando do arcediago de Castela e do bispo.
En 1441, o Concello de Ourense recriminoulle a dona Beatriz o seu comportamento en varias ocasións. Así, o 4 de xaneiro instouna a que desocupase a barca do Terrón, cuxos dereitos debía compartir co bispo, e só uns días despois, o 13 de xaneiro, acusouna de estar concentrando na cidade moytas gentes estrangeyras de que (…) vyña grande mal, perda e dapno. Ademais, en 1442 dona Beatriz de Castro tivo que declarar ante o Concello por unha agresión que sufrira un home do arcediago de Castela, aínda que nese caso eludiu calquera implicación no asunto e limitouse a pedir que actuasen contra os culpables.
Nese contexto de tensións urbanas, dona Beatriz tamén se converteu en vítima das actuacións dos contrarios. Ou, polo menos, así o manifestou ante o Concello cando, rexeitando a acusación de concentrar escudeiros e estranxeiros na cidade, denunciou que ela e os seus estaban sufrindo diversos agravios por parte da xente do bando episcopal, concretamente de Gómez de Chantada e Vasco Ratón.
As actuacións públicas de dona Beatriz estiveron moi ligadas ao seu papel como mediadora. En 1440, por exemplo, figurou como intermediaria entre o seu fillo e as autoridades ourensás, sendo a ela á que se lle comunicou a ruptura dunha tregua. Daquela, comprometeuse a actuar para solucionar o caso, castigando e apartando de si ao responsable da agresión ao xuíz de Cudeiro, feito que provocara o conflito. Un ano máis tarde aparece, xunto co fillo, na prórroga dunha tregua entre os bandos da cidade outorgada polo meiriño episcopal; recoñéceselle así un papel fundamental no xogo político urbano. Ademais, en 1446 decidiu outorgar unha carta de seguro en prol dos mercadores composteláns que temían ir á feira de San Martiño e por viño a Ourense con medo de represarias que lles fose feytas por lo dito meu fillo ou por los seus. Por iso decidiu actuar por min e por todos los meus e por todos los escudeiros e omes do dito Pero Dias, meu fillo, ordenando a estes que goarden este seguro, o cal mandou que fose pregoado por toda a cidade. Sen dúbida, as súas actuacións como mediadora só se poden explicar considerando que esta muller da oligarquía urbana gozaba dun amplo recoñecemento social por parte dos homes e mulleres ourensáns.
Tras a morte do fillo e despois de anos de silencio, en 1478 dona Beatriz outorgou testamento e nel dispuxo ser enterrada en San Francisco de Ourense, eno moymento onde jaz meu marido, vestida co hábito franciscano. Viúva e sen fillos, nomeou herdeiro de todos os seus bens –mobles et rayzes, coutos, vasalos, senorios, juriçion, vasalajen et presentaçoos a mi perteesçentes en este Reyno de Galizia– ao seu sobriño, Alonso de Lanzós, famoso caudillo irmandiño. Os bens de dona Beatriz acabaron finalmente nas mans das fillas e herdeiras de Alonso de Lanzós pero, para que iso chegase a suceder, a nai delas, dona María de Montaos, tivo que loitar por unha parte desa herdanza, non dubidando en reclamala ante os Reis Católicos.
Sen dúbida, dona Beatriz de Castro foi unha muller que exerceu o poder e a autoridade na cidade de Ourense durante a década dos corenta do século XV. Ademais, como moitas outras mulleres da aristocracia, tivo en plena propiedade diversos bens mobles e inmobles, rendas derivadas do sistema foral, así como beneficios eclesiásticos que se encargou de xestionar soa ou en compañía dos homes da familia. Proba desa plena propiedade e da súa capacidade para xestionar e transmitir eses bens son os diversos documentos que revelan o importante papel social e económico desta muller, que, en definitiva, teceu ao seu redor unha ampla rede de relacións persoais e «clientelares» capaz de lexitimar e sustentar a súa destacada posición social na cidade de Ourense.
Autor/a da biobibliografía: Miguel García-Fernández (2013)
Extras sobre Beatriz de
Escolma de textos relacionados con Beatriz de Castro
A viúva de Alonso de Lanzós reivindicou para as súas fillas os bens que lles pertencían por herdanza do pai e de dona Beatriz de Castro.
Doña Beatriz de Castro: una mujer con nombre propio en el siglo XV ourensano




Ligazóns...
- Os Cadórniga, liñaxe coa que emparentou dona Beatriz de Castro por vía matrimonial, foron protagonistas de numerosos conflitos na cidade de Ourense. Entre eles destaca a participación de García Díaz de Cadórniga nas disputas entre a nobreza laica e o Bispo, señor da cidade, así como en sucesos puntuais como o do pozo Maimon, asuntos que lle valeron a excomuñón antes de ter casado con dona Beatriz. De todos modos, os Cadórniga tiveron un papel fundamental no ámbito urbano chegando a ser parte desa elite urbana que acaparou os cargos do concello e fixo visible o seu poder a través da monumentalización e diferenciación das súas moradas. Coñéceas nesta ligazón
- Ourense é posiblemente a cidade galega que conta cunha documentación máis rica no que se refire ao século XV, o que permite reconstruír non só as loitas polo poder senón tamén numerosas estampas da vida cotiá, é dicir, todo o relativo á vida familiar, as actividades económicas, o funcionamento municipal, as actitudes ante a morte, etc. Ademais, neses fondos, custodiados fundamentalmente no Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) e no Arquivo da Catedral de Ourense (ACO), son nos que se atopan os diversos documentos relativos ás actuacións de dona Beatriz de Castro, tendo sido transcritos en boa parte por Xesús Ferro Couselo, na súa obra A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI.
- Dona Beatriz de Castro tivo un papel fundamental na cidade de Ourense a finais da Idade Media. Porén, o entorno da cidade e concretamente os espazos próximos a Celanova foron outros ámbitos nos que dona Beatriz proxectou o seu poder e autoridade, tanto como propietaria de terras en San Paio de Veiga (A Veiga, Celanova), como no relativo ás súas devocións, conservándosenos un legado pío concedido ao mosteiro de San Salvador de Celanova, enclave monástico sumamente destacado na historia de Galicia ao longo de toda a Idade Media.
Bibliografía...
- FERRO COUSELO, X.: A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, Vigo, Galaxia-Fundación Penzol, 1967, 2 vols.
- LÓPEZ CARREIRA, A.: A cidade de Ourense no século XV. Sociedade urbana na Galicia baixomedieval, Ourense, Deputación Provincial de Ourense, 1998.
- GARCÍA ORO, J.: Galicia en la Baja Edad Media. Iglesia, señorío y nobleza, Noia, Toxosoutos, 1999.
- VAQUERO DÍAZ, Mª B.: Colección diplomática do mosteiro de San Salvador de Celanova (ss. XIII-XV), Santiago de Compostela, Tórculo, 2004, 4 vols.
- GARCÍA-FERNÁNDEZ, M.: “Doña Beatriz de Castro: una mujer con nombre propio en el siglo XV ourensano”, El mundo urbano en la España cristiana y musulmana medieval, Oviedo, Asturiensis Regni Territorium, 2013, p. 159-174.