culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Escénicas. Mabel Rivera


Escénicas. Mabel Rivera

A figura de Mabel Rivera é fundamental para a conformación dun teatro e un espazo audiovisual con selo de identidade galega. É un exemplo dos máis de trinta anos de historia recente das artes escénicas en Galicia. Trinta anos en que, xustamente, ten lugar o proceso decisivo de afianzamento do sistema teatral galego. Mabel Rivera, máis alá desa circunstancia profesional, permite dar conta do protagonismo que, en todo ese proceso, ten un grupo de mulleres valentes dispostas a rachar coas expectativas que a sociedade galega tradicional depositaba sobre elas e dispostas, sobre todo, a seren protagonistas dos procesos artísticos dunha Galicia nova. A Historia non só é o pasado, e esta xornada permite tamén homenaxear un sector artístico enteiro, o das artes escénicas, que, hoxe máis ca nunca, require atencións e análises que demostren non só a súa vitalidade, senón a súa capacidade para renovarse e renovarnos, en boa medida grazas o mantemento desa actitude ousada das herdeiras de Mabel Rivera.

Escénicas. Mabel Rivera