culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Xela Arias e Luísa Villalta: letras, interartes, proxectos na fin de século


Xela Arias e Luísa Villalta: letras, interartes, proxectos na fin de século

A xornada pretende manter viva a memoria de Xela Arias (1962-2003) e Luísa Villalta (1957-2004), da súa produción literaria, e dos diversos vínculos que nas súas vidas ambas foron trazando con proxectos de notábel repercusión na recente historia cultural galega. Os seus temperás falecementos truncaron hai dez anos unhas vidas que, sendo sen dúbida singularísimas na súa condición persoal, foron tamén representativas da progresión que desde mediados dos anos 80 supuxo a presenza das mulleres como axentes, referentes e xestoras culturais no país. Unha e outra, desde as súas localizacións prioritarias en Vigo e A Coruña, participaron en intervencións colectivas, promoveron iniciativas, exploraron relacións interculturais a través da tradución e doutras vías experienciais e discursivas e sentiron, ademais, a atracción por indagaren nos espazos intersticiais en que as diferentes artes converxen por uns ou outros motivos e derivas.

Xela Arias e Luísa Villalta: letras, interartes, proxectos na fin de século