culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Elena Colmeiro. Espazos da materia


Elena Colmeiro. Espazos da materia

Esta xornada, dedicada á escultora Elena Colmeiro (Silleda, Pontevedra, 1932), presentouse como unha relectura a unha obra chea de liberdade creativa, fóra de modas e modismos, pero integrada dentro do eido da escultura actual e que achega un estilo propio á realidade da historia da escultura galega contemporánea. O encontro permitiu revisar tamén o pasado recente da arte contemporánea galega, coa intención de confeccionar un novo relato, de perspectiva actual, acerca desta artista que transcende a escultura para converterse en creadora global: tenaz, intuitiva e incansable procuradora de significados. Así mesmo, outras voces da plástica e da visualidade artística en Galicia formularon distintas olladas sobre as prácticas artísticas creativas e interpretativas, sobre a práctica artística, sobre os discursos e as narrativas debuxadas polas mulleres nas artes visuais, convincentes e resistentes na práctica actual.

Elena Colmeiro. Espazos da materia