culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Xénero e documentación III: Hemeroteca feminista galega A Saia


Xénero e documentación III: Hemeroteca feminista galega A Saia

A Comisión de Igualdade do CCG e o Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona, a partir de 2012 poñen en marcha a Hemeroteca Feminista Galega A Saia que nesta xornada celebrada o 2 de decembro de 2014 se presenta públicamente. Un proxecto conxunto que ten como obxectivo facer pública unha documentación básica de grande utilidade para a investigación e para as persoas interesadas nos feminismos e/ou na historia recente de Galicia. Trátase de pór en acceso aberto, de xeito progresivo, as publicacións feministas galegas, coa reprodución de todos os números, e cunha indexación completa e moi detallada dos seus contidos e persoas que interviñeron nelas. Nesta xornada Xénero e Documentación III preséntase unha primeira entrega da citada hemeroteca poñendo a disposición do público a colección completa de A Saia (1982-1983) e unha parte das revistas Andaina e Festa da Palabra Silenciada (1983-1991). Cóntase para iso coa participación de mulleres directamente implicadas en facer destas revistas unha realidade.

Xénero e documentación III: Hemeroteca feminista galega A Saia