culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Mary Quintero. A luz que alumea a vida


Mary Quintero. A luz que alumea a vida

O traballo da fotógrafa Mary Quintero, centrado nos retratos de estudo, foi a crónica de toda unha época na Galiza, sobre todo en Lugo e Vigo. O inicio do seu labor, con 15 anos, e a súa dedicación ao longo de décadas permitíronlle deixar testemuño de vidas, persoas, épocas e mudanzas. A súa busca de coñecemento, de formación, de innovar e mellorar o seu traballo, estudando, aprendendo e descubrindo as últimas tecnoloxías que existían no mundo da súa profesión, fixeron de Mary unha muller con emprendemento; algo nada novo nese Vigo da segunda metade do século XX. Ela é a figura central desta xornada convertida ademais nun espazo de coñecemento, de reflexión e de debate, arredor das mulleres que traballaron e traballan na fotografía en Galiza, analizar e descubrir os retos e dificultades das profesionais da imaxe nos seus traballos diversos e diferentes, e con ousadía e esperanza, así como que espazo ocupan e soñan na Galiza e no mundo.

Mary Quintero. A luz que alumea a vida