culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Xénero e documentación IV. Arquivos público se perspectiva de xénero: estado da cuestión desde Galicia


Xénero e documentación IV. Arquivos público se perspectiva de xénero: estado da cuestión desde Galicia

Os arquivos públicos de Galicia son unidades de xestión documental integradas nas institucións públicas que os orixinan, serven á xestión administrativa das súas organizacións e encárganse ademais dunha parte singular da custodia, organización e difusión do Patrimonio Cultural: o referido ao Patrimonio Documental. Coma calquera outra unidade administrativa, participan das políticas xerais levadas a cabo polas organizacións ás que pertencen. Neste senso, deberíase sentir tamén neles a acción das políticas referidas á perspectiva de xénero derivadas das resolucións do Consello Económico e Social das Nacións Unidas desde 1997 até a actualidade, resolucións ás que se veñen adherindo continuadamente todas as administracións públicas do país. Desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, considerase que fai falta unha visión demorada que permita visibilizar o camiño andado e aproximar outras realidades. Neste sentido, nestas IV xornadas sobre xénero e documentación, proponse iniciar un debate aberto, dirixido a profesionais dos arquivos e á sociedade en xeral co obxectivo de dar a coñecer, se é que as hai, as actuacións que nos arquivos públicos de Galicia incorporan unha perspectiva de xénero e/ou feminista con naturalidade, aplicando a ollada aos contidos, aos métodos, ás dinámicas de traballo. Ábrese, ademais, a oportunidade de coñecer máis de preto as propostas e estratexias desenvolvidas sobre as cuestións expostas no conxunto do Estado e no caso concreto do Archivo Mujeres y Géneros do Archivo Nacional de Chile.

Xénero e documentación IV. Arquivos público se perspectiva de xénero: estado da cuestión desde Galicia