culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Pascuala Campos de Michelena. As arquitecturas da vida


Pascuala Campos de Michelena. As arquitecturas da vida

Unha arquitectura para a vida e feita de “umbrales”, espazos de encontro e comunicación. A obra de Pascuala Campos está tecida así e a súa resulta ser unha actitude revolucionaria nun mundo de xerarquías do espazo no que as mulleres poucas oprtunidades tiveron de construílo. Pascula Campos forma parte do conxunto de mulleres que desde os anos 70 traballan e reflexionan sobre a arquitectura construída, introducen a perspectiva feminista, analizan en clave de xénero os lugares que habitamos. Asentada en Galicia desde os anos 80 é pioneira na incorporación da perspectiva de xénero á docencia arquitectónica. Primeira catedrática de Proxectos Arquitectónicos das escolas de arquitectura españolas, participou no Seminario Permanente Mujer y Ciudad no que codirixiu entre outros o curso sobre Urbanismo y Mujer Nuevas visiones del Espacio público y privado. Con esta Xornada a Comisión Igualdade quixo recoñecer o labor de Pascuala Campos e con ela o das mulleres que na arquitectura e no urbanismo, están a suscitar novos campos de reflexión e acción, outros lugares para a vida.

Pascuala Campos de Michelena. As arquitecturas da vida