culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Conversas trasatlánticas. Escritoras no alén mar


Conversas trasatlánticas. Escritoras no alén mar

Nos douscentos anos que Galicia leva tendendo pontes transatlánticas, as letras tamén migraron e as literatas materializaron, nas súas vidas e nas súas obras, un modelo de mestizaxe artística e identitaria. O Consello da Cultura Galega ofreceu un punto de encontro idóneo para que a conversa flúa, as opinións se contrasten, as ideas medren e os lazos se reafirmen, recuperando a experiencia de xuntar un grupo de ilustres compatriotas: Mirta Yáñez, María Rosa Lojo e Inmaculada López Silva. Mulleres que, arredor dunha mesa común expuxeron achegas para saber como pensan, que senten, como nos ven e como se ven, e, sobre todo, como imaxinan o futuro desexábel. Galicia, periferia da periferia europea, comezo e fin do vello continente, limita ao oeste con terras americanas. O océano non supuxo unha fronteira, senón a ponte perfecta para que mulleres e homes de ambas as beiras se atopasen e xermolase un xeito propio de ser e de sentírmonos de aquí e de alá. Ninguén dixo que fose doado, pero o resultado foi, en moitos casos, admirábel.

Conversas trasatlánticas. Escritoras no alén mar