culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Conversas trasatlánticas. A memoria, a etnografía e as vidas das mulleres


Conversas trasatlánticas. A memoria, a etnografía e as vidas das mulleres

No ciclo de Conversas Transatlánticas o Consello da Cultura Galega ofrece un punto de encontro para que a conversa flúa, as opinións se contrasten, as ideas medren e os lazos se rearmen. A conversa con Sharon Roseman tomou como punto de partida o libro, coordinado e traducido por ela mesma e Enrique Alonso Población, Antropoloxía das mulleres galegas. As outras olladas (Sotelo Blanco, 2012). Nel, nove antropólogas e un antropólogo, presentan estudos realizados en Galicia entre 1975 e 2004 desde diferentes marcos teóricos e metodolóxicos. A partir desta obra, reflexionouse sobre as migracións e o seu lugar nas configuracións de xénero, os roles sociais e sexuais e a falacia do mito do matriarcado en Galicia. Houbo lugar para reflexionar arredor da auto-etnografía e para abordar cuestións vinculadas co movemento feminista, á vida nas cidades e ás transformacións sociais no mundo das redes de información.

Conversas trasatlánticas. A memoria, a etnografía e as vidas das mulleres