culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Xénero e documentación


Xénero e documentación

O enfoque de xénero aglutina unha parte importante das investigacións actuais e constitúe a base sobre a que as institucións elaboran programas e medidas para corrixir as desigualdades entre os sexos. Consciente disto, e do importante lugar que os centros documentais ocupan e deben ocupar na rede das institucións públicas e privadas e nas propias investigacións, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propuxo que esta institución promovese a creación de espazos e tempos de aproximación ao tratamento da información desde perspectivas de xénero e/ou feministas. A celebración das xornadas Xénero e Documentación os días 21 e 22 de xuño de 2007 supuxo un primeiro paso. Esta publicación, construída a partir dos materiais compilados ao seu abeiro, conforma unha ferramenta de achega e coñecemento a proxectos e propostas desenvolvidos dentro e fóra de Galicia. Preséntase como un mecanismo áxil e adaptable ás necesidades e intereses de usuarias e usuarios deste recurso.
Xénero e documentación. Unha ferramenta de achega ao tratamento documental