culturagalega.org

Qué é o Álbum?

María Josefa Wonenburger Planells, na creación de coñecemento


María Josefa Wonenburger Planells, na creación de coñecemento

Considerada unha influencia indiscutible no avance das matemáticas no século xx a nivel mundial, o recoñecemento da figura da matemática e alxebrista María Josefa Wonenburger Planells é un feito recente en Galicia existindo, porén un gran descoñecemento da traxectoria desta investigadora. A xornada “María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento” celebrada nas dependencias do CCG, propiciou miradas en profundidade e detalle sobre o seu corpus creativo e investigador en toda a súa amplitude e singularidade. Contribuiu ademais, á creación de espazos de reflexión, debate e documentación que permiten indagar no lugar ocupado polas mulleres galegas no desenvolvemento da investigación científica, coñecer o presente, avaliar o pasado e o futuro das irmás de Hipatia e as súas contribucións ao progreso e á evolución da ciencia galega e universal. María Josefa Wonenburger Planells, na creación de coñecemento