MEDIEVO
A vida conventual é escollida como lugar-refuxio por parte de mulleres sobre todo pertencentes á nobreza e á burguesía e que non dispoñen de dote para casar axeitadamente.
A anulación matrimonial e a posibilidade de ter novas nupcias está reservado á incapacidade de reprodución.
XVI
Actividade inquisitorial contra mulleres: queima de bruxas. Estas condenas prolónganse até o s.XVIII.
Aparición do beguinato como busca de educación por parte dalgunhas mulleres excluídas das universidades.
XVII
1673: Obra do cartesiano Poulain de la Barre De l’Égalité des deux sexes. Adóptase como punto de arranque da polémica moderna sobre a igualdade dos sexos.
XVIII
Agroma o feminismo como movemento social e político vencellado á Ilustración e á Revolución Francesa.
Anos noventa: publícanse as obras de Olimpe de Gouges (Declaration des droits de la femme et la citoyenne) en 1791 e Mary Wolstonecraft (Vindication of the rights of woman) en 1792. Ambas reclaman a igualdade xurídica e política das mulleres.

XIX
Desenvolvemento do feminismo liberal e do feminismo de clase: socialista, comunista e anarquista.
Gran debate sobre a capacidade biolóxica das mulleres para o estudo (Frances Gall).
1810: Formación das Juntas Americanas, pródromo do movemento de liberación nas colonias españolas.
1821: Morre Napoleón. O código napoleónico vai ter unha grande influencia nos códigos civís e lexislacións respecto da muller en todo o mundo.
1848: Revolución de Febreiro en Francia. Declaración de Séneca Falls, que dá lugar ao denominado feminismo sufraxista. Este cobra forza desde mediados de século en EEUU e Inglaterra.
1900-1920
1904: Congreso Internacional de Mulleres da Federación Abolicionista Internacional en Berlín centrado na loita polo sufraxio das mulleres.
1906: en Inglaterra as sufraxistas fan chamamentos de acción violenta, en Francia a non pagar impostos mentres non se consiga o dereito a voto.
1910: Institúese o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora na Internacional Socialista de Mujeres.
1914: Participación activa de mulleres no seo da Segunda Internacional na defensa do pacifismo: Rosa Luxemburgo, Alexandra Kollontai.
1917: Revolución Soviética. Primeira muller ministra da historia.
1929: Virginia Woolf escribe A room of one´s own. Crac bolsista de Nova York.


1920-1940
1921: Olimpíada feminina en Montecarlo, organizada contra a ríxida actitude do CDI, que restrinxe a participación das mulleres nas olimpíadas e limita a súa indumentaria.
1938: O III Reich anexiona Austria. Múnic, conferencia de Hitler, Mussolini, Chamberlain e Deladier.
1939: Pacto de non agresión xermano-soviético. Italia invade Albania. Alemaña ataca Polonia. Francia e Inglaterra declaran a guerra contra Alemaña.
1940- 1950
De Gaulle crea en Londres un Comité Nacional de Franceses Libres
1941: Comezo da guerra no norte de África.
Pacto neutralidade URSS-Xapón.
Pacto anglosoviético contra Alemaña.
Bombardeo en Pearl Harbour.
EE UU declara a guerra a Xapón, Alemaña e Italia.
1943: Disolución do Komitern -Internacional Comunista-.
1944: Resistencia francesa e expulsión das tropas alemás de ocupación.
1949: Consello de Europa. Proclámase a República Popular de China. Créase a OTAN. Simone de Beauvoir publica Le deuxième sexe.

1950-1970

Pílula anticonceptiva.
1959: Triunfo da revolución cubana.
1962: Asasinato de Luther King.
1963: Betty Fridman publica The feminine mystique.
1966: Fundase en EE UU a National Organization of Women, grupo de ideoloxía liberal do que forman parte Betty Friedan e Margaret Mead.
1970: Kate Millet publica Sexual Politics. En Italia créase Rivolta Femmenile, feminismo da diferenza.
1970-1980
- 1971: Shulamith Firestone publica The dialectic of sex.
- 1973: mobilizacións a prol do dereito ao aborto, en particular en Francia e
Italia. En EEUU promúlgase a regulación xurídica e legal de tal dereito.
1974: Revolución dos Cravos en Portugal.
1975: A ONU declara o Ano Internacional da Muller. Iníciase un prazo de dez anos para o desenvolvemento e a mellora da situación das mulleres no mundo.
1976: Documento do Tribunal Internacional de Crimes contra as Mulleres.
Despois das mobilizacións populares masivas dos anos 70, o goberno italiano regula a Lei do aborto en 1978 e o francés en 1979.

1980-1990
1981: No Primer Encuentro Feminista Latinoamericano xorde a proposta de facer do 25 de novembro un día de reflexión e denuncia contra as diferentes formas de violencia contra as mulleres. Desde 1982 e en diferentes puntos do planeta fanse celebracións, pero será na Conferencia Internacional da Muller, organizada por Terre de Hommes en maio de 1987, cando se declare oficialmente Día Internacional pola non Violencia contra a Muller, tamén chamado Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Créase a Rede Europea de Mulleres.
O debate feminista xira arredor de dúas grandes liñas: igualdade e diferenza.
1985: Conferencia Mundial da ONU sobre as Mulleres en Nairobi; faise balance do conseguido nos diferentes países desde 1975.
1988: Benazir Bhutto é elixida xefa do goberno de Paquistán; é a primeira muller que ocupa este cargo nun país islámico. Créase en Israel Mulleres de Preto, rede mundial de mulleres contra a guerra, a violencia e o militarismo.
1989: Caída do Muro de Berlín. Progresiva disolución da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
1990-1995
Uso da categoría de xénero para analizar a organización social das relacións entre os sexos e as relacións desiguais de poder. Insístese en que non debe nin pode identificarse xénero con mulleres.
1992: Concédeselle o Nobel da Paz a Rigoberta Menchú, activista a favor dos dereitos humanos e das mulleres indíxenas.
1993: Con motivo da Conferencia das Nacións Unidas sobre os dereitos humanos celebrada en Viena, o Foro Mundial das ONGs desenvolve a súa campaña co lema “Os dereitos das mulleres son dereitos humanos”.
1994: Guerra e éxodo de Ruanda. Matanza no mercado de Saraievo, que remata coa guerra da antiga Iugoslavia. Posteriormente a ONU intervén no conflito.

1995
Marcha “Pan e rosas” de dez días contra a pobreza en Quebec.
Cuarta conferencia da ONU sobre as mulleres en Beijing. Paralelamente, lévase a cabo unha conferencia alternativa de mulleres de todo o mundo, que supera en número ás participantes na conferencia oficial e á que asisten unha gran cantidade de mulleres feministas. Acórdase comezar a deseñar un proxecto para que as mulleres de todo o mundo se unan ao longo do ano 2000 na MMM (Marcha Mundial das Mulleres).
1998
Encontro preparatorio da MMM en Quebec coa participación de 140 mulleres de 65 países. Realízase unha análise das mulleres no mundo e concrétase unha plataforma reivindicativa para loitar contra a pobreza e a violencia.
1999
Foro Social Mundial en Seattle.
Conferencia de París o 17 de abril. Directriz europea da paridade como principio democrático fundamental.
Constitución da Plataforma Europea da MMM.
2003
Nace en Coimbra a Rede Lilás.
Mobilizacións de grupos de mulleres con participación activa da MMM nas diferentes mobilizacións en contra da guerra de Iraq.
2004
Convocatoria da plataforma europea da MMM na cidade de Vigo.
2005
Aprobación da Carta das Mulleres.

2006
Na casa de María Casares en La Vergne créase La Maison du Comédien Maria Casarès.
Morren: Betty Friedan, precusora do movemento feminista; Iris Marion Young, unha das teóricas feministas máis destacadas do século xx.
2007
Cristina Fernández vence nas eleccións presidenciais arxentinas. Frances Allen recibe o Premio Turing (de informática), é a primeira vez que unha muller recibe este galardón. Obras de artistas feministas dan corpo a exposicións no Museum of Contemporary Art de Los Ángeles.