Indice alfabético
- Ramón María Aller Ulloa
- José Alonso López y Nobal
- Juan Alonso López y Nobal
- Salustio Alvarado Fernández
- Marceliano Álvarez Muñiz
- Ángeles Alvariño González
- Emilio Anadón Frutos
- Eloy Luis André
- Jesús Andreu Lázaro
- Buenaventura Andreu Morera
- José María Andrey y Sierra
- Andrés Antelo Lamas
- Rafael Areses Vidal
- Anselmo Arias Teixeiro
- Antonio Arias Teixeiro
- Pedro Alejandro Auber e Fondniare
- José María Baleato
- Ángel Baltar Cortés
- Ramón Baltar Domínguez
- Antonio Baltar Domínguez
- Manuel Baraja Fernández
- Juan Barcia Caballero
- Juan José Barcia Goyanes
- Charles Eugène Barrois
- José Luis Barros Malvar
- Tomás Batuecas Marugán
- Francisco Bellot Rodríguez
- Ricardo Bernárdez
- Fermín Bescansa Casares
- Luis Blanco Rivero
- Ramón Blanco y Pérez del Camino
- José Boado y Castro
- Baltasar Manuel Boldo Tuced
- Ignacio Bolívar y Urrutia
- Patricio Borobio Díaz
- Celia Brañas Fernández
- Gonzalo Brañas Fernández
- Antonio Brunet y Talleda
- Odón de Buen y del Cos
- Eusebio Bueno Martínez
- Manuel Cabaleiro Goás
- Ernesto Caballero y Bellido
- Rafael Cadórniga Carro
- Laureano Calderón Arana
- Fernando Calvet Prats
- Juan Bautista Camiña
- Domingo Antonio Camiña Fortes
- Jesús Carballo Taboada
- Santiago Carro García
- Roque Carús Falcón
- Antonio Casares Gil
- José Casares Gil
- Antonio Casares Rodríguez
- Fermín Casares y Bescansa
- Pedro de Castro
- Santiago Castroviejo Bolibar
- Pedro Antonio Cerviño Núñez
- Eduardo Chao Fernández
- José María Chao Rodríguez
- Aniceto Charro Arias
- Ángel Cobián Areal
- José Carlos Colmeiro Laforet
- Miguel Colmeiro y Penido
- Andrés Avelino Comerma y Batalla
- Francisco Cónsul Jove y Tineo
- José Andrés Cornide Saavedra y Folgueira
- Antonio Correa Fernández
- Pedro Couceiro Corral
- Luis Crespí Jaume
- Mariano Cubí y Soler
- José Deulofeu y Poch
- Modesto Domínguez Hervella
- Juan Donapetry Iribarnegaray
- Juan Jacobo Durán Loriga
- Armando Durán Miranda
- Mauricio Echandi Montalvo
- Antonio Eleizegui López
- Ricardo Escauriaza del Valle
- Rafael Estrada Arnaiz
- Félix Domingo Estrada Catoira
- Joaquín Ezquerra del Bayo
- Benito Jerónimo Feijoo Montenegro
- Valeriano Fernández Bacorell
- Manuel Rufo Fernández Carballido
- Elisa Fernanda Mª del Carmen Fernández de la Vega y Lombán
- Jimena Mª Francisca Emilia Fernández de la Vega y Lombán
- José Ramón Fernández de Luanco y del Riego
- Ignacio Fernández Flórez Reguera
- Cesáreo Fernández Losada
- Manuel Jacobo Fernández Mariño
- José Fernández Martínez
- Bibiano Fernández Osorio-Tafall
- Gustavo Fernández Rodríguez Bastos y Harizmendi
- Gabriel Fernández Taboada
- Domingo Fontán Rodríguez
- Ramón Fontenla Maristany
- Emilio Fraga Lago
- Francisco Freire Barreiro
- Gonzalo Gallas Novas
- Cruz Gallástegui Unamuno
- Heliodoro Gallego Armesto
- Abelardo Gallego Canel
- Fausto Garagarza y Dugiols
- Fernando Garcia Arenal
- Víctor García Ferreiro
- Antonio García Maceira
- Pío García Novoa
- Antonio García Varela
- José María García-Blanco Oyarzábal
- Eustaquio (Antonio Félix) Giannini Bentallol
- Miguel Gil Casares
- José María Gil Rey
- Francisco Giral González
- Pedro Gómez de Bedoya y Paredes
- Manuel Gómez Larrañeta
- Mariano Gómez Ulla
- Manuel Gómez-Durán Martínez
- Vicente González Canales
- Jaime González Carreró
- José González López
- José González Olivares
- Juan de Dios González Pizarro
- Joseph González Salgado
- Claudio González Zúñiga
- José Goyanes Álvarez
- José Goyanes Capdevila
- Vicente Goyanes Cedrón
- Mariano de la Paz Graells Agüera
- Albert (Albert I, Príncipe de Mónaco) Grimaldi
- Vicente Guarnerio Gómez
- Francisco Guitián Ojea
- Leopoldo Hernández Robredo
- Primitivo Hernández Sampelayo
- José María Hernansáez y Moscoso
- Enrique Hervada García-Sampedro
- Ragnar Hult
- Alexander von Humboldt
- Carlos Ibañez y Varela
- Santiago de la Iglesia Santos
- Francisco Iglesias Brage
- Luis Iglesias Iglesias
- Luis Iglesias Pardo
- Emigdio Iglesias Somoza
- Gerardo Jeremías Devesa
- Ángel Jorge Echeverri
- Jorge Juan y Santacilia
- Ángel Laborde Navarro
- Johan Martin Christian Lange
- Bernardo Lecocq Honesy
- Carlos Lemaur
- Juan Lembeye y Lartaud
- Octavio Lois Amado
- Juan Lojo Batalla
- Antonio López de Guadalupe
- Jacobo López Elizagaray
- Manuel López Enríquez
- Víctor López Seoane
- Juan López Soler
- Juan López Suárez
- Dionisio Macarte y Díaz
- Gerónimo Macho Velado
- Ramón Margalef López
- Tomás Mariño Pardo
- Juan Martín Sauras
- Antonio Martínez de la Riva
- Ángel Martínez de la Riva Vilar
- Domingo Martínez de Presa
- Manuel Martínez-Risco
- Baltasar Merino Román
- Manuel Eugenio Merino Simón
- Faustino Miranda González
- Ricardo Montequi y Díaz de la Plaza
- Saturnino Montojo y Díaz
- Olga Moreiras Tuni
- Evaristo Antonio Mosquera Quiroga
- Francisco Antonio Mourelle de la Rúa
- Manuel Muñoz Taboadela
- José María Navaz y Sanz
- Francisco de Neira
- João da Nova
- Antonio Novo Campelo
- Domingo Antonio de Nóvoa Gándara y Feijoo
- Roberto Nóvoa Santos
- Miguel Odriozola Pietas
- Ramón Otero Acuña
- Enrique Otero Aenlle
- Xosé Otero Espasandín
- Fernando Oxea
- Timoteo O´Scanlan
- Emilia Pardo Bazán
- Isidro Parga Pondal
- Jacobo María de Parga y Puga
- Ubaldo Pasarón y Lastra
- Patricio María Paz y Membiela
- Ángel Pedreira Labadía
- Pedro Pena y Pérez
- Ramón Pérez Costales
- José Pérez López-Villamil
- Severino Pérez y Vázquez
- Gerónimo Piñeiro de las Casas
- Manuel Piñeiro Herba
- Eugenio Piñerúa Álvarez
- José Planellas Giralt
- Francisco Ponte y Blanco
- Antonio Posse Roybanes
- Pedro Andrés Pourret
- Casiano de Prado y Vallo
- Esteban Quet y Puigvert
- José Quiroga Méndez
- Marcelino Ramírez García
- Benito Regueiro Varela
- Ignacio Ribas Marqués
- Tomás Rico Jimeno
- Eduardo del Río y Lara
- Francisco de los Ríos Naceiro
- Cándido Ríos Rial
- Arturo Rivas Castro
- Antonio Rodríguez Darriba
- Carlos Rodríguez Baltar
- Juan Antonio Rodríguez Bustillo
- Alejandro Rodríguez Cadarso
- José Rodríguez Carracido
- José Rodríguez González
- José Rodríguez Martínez
- José Rodriguez Mourelo
- Juan Rodríguez Sardiña
- Luis Rodríguez Seoane
- Juan Rof Carballo
- Juan Rof Codina
- Francisco Romero Blanco
- José María Romero Fernández de Landa
- Francisco Romero Molezún
- Ramón Rúa Figueroa
- Ángela Ruiz Robles
- Ramón Dionisio de la Sagra y Peris
- Francisco Sánchez
- Julián Sánchez Bort
- Timoteo Sánchez Freire
- Gumersindo Sánchez Guisande
- Fernando Sande y Lago
- Frei Martín Sarmiento
- Pedro Sarmiento de Gamboa
- Camille François Sauvageau
- Guillermo Schulz
- Francisco de Seijas y Lobera
- Josep Joan Vicente del Seixo
- Antonio Sierra Forniés
- César Sobrado Maestro
- Juan Sobreira y Salgado
- Ramón Sobrino Buhigas
- Benito Ángel Dionisio Sotelo y Rivas
- Juan Suárez Casas
- Enrique Suárez Couto
- Julián Francisco Suárez Freire
- Paulino Suárez Suárez
- Francisco Sueiras
- Nicolás Taboada y Leal
- Maximino Teijeiro Fernández
- Joan Texidor i Cos
- Pedro Urquijo Landaluce
- Joaquín Vaamonde Rodríguez
- Lope Valcárcel Vargas
- Antonio Valenzuela Ozores
- Ramón Varela de la Iglesia
- Teodoro Varela de la Iglesia
- José Varela de Montes
- Juan Varela Gil
- Gregorio Varela Mosquera
- Manuel Varela Radío
- Ángel Varela Santos
- José Varela y Ulloa
- Ricardo Varela y Varela
- Vicente Vázquez Queipo
- José Francisco Vendrell de Pedralbes i Estaper del Mas
- Ramón Verea García
- Enrique Vidal Abascal
- Ernesto Viéitez Cortizo
- Xosé Luis Vila Jato
- Antonio Vila Nadal
- Cipriano Vimercati Benítez
- Leoncio Virgós Guillén
- Heinrich Moritz Willkomm
- María Josefa Wonenburger Planells
- Isabel Zendal Gómez
Disciplinas científicas
- ./ Mariña
- ./ Matemáticas
- ./ Enxeñería
- ./ Botánica
- ./ Cartografía
- ./ Agronomía
- ./ Bioloxía
- ./ Química
- ./ Astronomía
- ./ Xeoloxía
- ./ Minas
- ./ Medicina
- ./ Xenética
- ./ Coleccións
- ./ Psiquiatría
- ./ Anatomía
- ./ Nautica
- ./ Cosmografía
- ./ Microbioloxía
- ./ Histoloxía
- ./ Ensino
- ./ Divulgación científica
- ./ Ciencias Experimentais
- ./ Filosofía
- ./ Hidroloxía
- ./ Medicina
- ./ Xinecoloxía
- ./ Veterinaria
- ./ Zootecnia
- ./ Bromatoloxía
- ./ Hixiene
- ./ Mecánica
- ./ Espeleoloxía
- ./ Paleontoloxía
- ./ Zooloxía
- ./ Radioloxía
- ./ Xeografía
- ./ Agricultura
- ./ Ciencias Naturais
- ./ Farmacia
- ./ Viticultura
- ./ Navegación
- ./ Física
- ./ Aeronaútica
- ./ Técnica
- ./ Armas
- ./ Oftalmoloxía
- ./ Parasitoloxía
- ./ Mineraloxía
- ./ Farmacaloxía
- ./ Ornitoloxía
- ./ Entomoloxía
- ./ Expedicións
- ./ Bioquímica
- ./ Dermatoloxía
- ./ Ecoloxía
- ./ Avicultura
- ./ Pediatría
- ./ Micrografía
- ./ Anestesia
- ./ Oceanografía
- ./ Fisioloxía
- ./ Moluscos
- ./ Cálculo
- ./ Nutrición
- ./ Meteoroloxía
- ./ Psicoloxía experimental
- ./ Edafoloxía
- ./ Enxeñería de montes
- ./ Fisioloxía vexetal
- ./ Bioloxía mariña
- ./ Ficoloxía
- ./ Limnoloxía
- ./ Tecnoloxía
- ./ Cirurxía
- ./ Antropoloxía
Xosé Otero Espasandín
A divulgación da ciencia na Arxentina
comparte esta páxina:Ámbitos de ocupación:
Autor/a da biografía:
- Díaz-Fierros Viqueira, Francisco
- Data de alta: 03/01/2017
Galeria

Retrato de Xosé Otero Espasandín (1943), obra de Atilio Rossi.
Como citar esta páxina:
- Díaz-Fierros Viqueira, Francisco ([2017], “Xosé Otero Espasandín”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 29/11/2023] [URL: http://www.culturagalega.org/
albumdaciencia/detalle.php?id=1076

Retrato de Xosé Otero Espasandín (1943), obra de Atilio Rossi.
Datos biográficos:
- Nacemento: Santa Baia de Castro, Cerdedo (Pontevedra) 1900
- Falecemento: Washington (Estados Unidos) 1987
Estudou Maxisterio en Santiago e pouco despois de rematar a carreira foi cumprir o servizo militar a Melilla, onde coñeceu a Rafael Dieste. En 1923, de volta en Galicia, exerceu a docencia en Ribeira, pero en 1929 decidiu ampliar estudos en Madrid, na Escuela Superior de Magisterio, na especialidade de ciencias. Entrou en relación coa Institución Libre de Enseñanza e, a partir destes vencellos, traballou como profesor de Matemáticas na Escuela Plurilingüe Internacional (alí coñeceu a súa muller, Alicia Ortiz) e no Museo de Ciencias. En Madrid renovou e reforzou a súa amizade con Rafael Dieste e pasou a colaborar coas Misiones Pedagógicas, nas que tratou a María Zambrano, Serrano Plaja, Sánchez Barbudo, Lorenzo Varela, etc. Estes anos percorrendo os pobos de España, incluída Galicia, rescatando tradicións, divulgando o coñecemento e a cultura por medio dos libros, cine e teatro, marcaron, sen dubida, a súa vida, como ocorreu en xeral cos seus compañeiros das Misións.
Tivo desde sempre unha secreta admiración polas matemáticas, que compartía e cultivaba co seu amigo Dieste, e tiña pensado solicitar unha pensión de estudos para ampliar seus coñecementos no estranxeiro. Tamén a natureza, e máis concretamente o mundo dos paxaros, era outra das súas afeccións, que fican reflectidas nalgúns dos poemas que escribiu nesta época.
O exilio
A Guerra Civil cambiou o rumbo da súa vida: en 1939 cruzou a fronteira francesa, foi internado nun campo de refuxiados e pouco despois conseguiu o visado para trasladarse a Inglaterra, establecéndose en Norwich, onde a súa esposa exercía de profesora de español. Pola súa condición de refuxiado non logrou traballar, aínda que tentou formarse como enxeñeiro electricista. Máis adiante, como consecuencia do comezo da Segunda Guerra Mundial e o restablecemento das relacións diplomáticas con España, a súa muller perdeu o seu traballo e a situación económica do matrimonio fíxose insostible. Pero en 1940, seu amigo Dieste, desde Buenos Aires, onde exercía como editor literario da Editorial Atlántida, conseguiulle un traballo nela o que lle permitiu obter o permiso de emigración e trasladarse a Arxentina.
A chegada de Otero coincidiu coa posta en marcha en Atlántida da “Colección Oro”, que Dieste había tempo que a tiña proxectada. Destinada a “niños de 7 a 80 años”, tentaba divulgar a cultura en obras ben escritas e deseñadas e cun tratamento literario que as achegase a un público maioritario. Otero sería durante dous anos o único autor da colección, na que publicaría catorce libros, a maioría de divulgación en bioloxía, astronomía, química, xeografía, mitoloxía, etc. Traballaba dia e noite, cun contrato leonino que lle permitía vivir modestamente pero que, sobre todo, lle permitía manter contacto cos seus vellos amigos e proxectar e, nalgúns casos, desenvolver vellas ilusións editoriais e literarias. Nos cinco anos que pasou na Arxentina publicou 26 libros, a maioría de divulgación e coa editorial Atlántida, así como diversas traducións. Tamén publicou máis dun cento de artigos, sobre todo nas revistas da emigración, entre os que habería que destacar os 24 sobre paxaros que escribiu para Correo Literario.
Os anos nos Estados Unidos
En 1947 foi contratado por un instituto de ensino secundario de Waynesburg (Pensilvania) para dirixir o departamento de español, no que pasaría seis anos. De alí, como consecuencia dunha enfermidade que contraeu a súa muller, trasladouse a Washington, onde traballou como editor do boletín da Organización Panamericana da Saúde e, posteriormente, como tradutor para o departamento de Agricultura, no que tamén deu clases de castelán para graduados. Sen volver a pisar as terras de Galicia e España, morreu na capital dos Estados Unidos o 15 de outubro de 1987.
As obras de divulgación científica
É posible que na selección dos temas de divulgación científica que incluía a Colección Oro participasen tanto Dieste como Otero Espasandín, pois aquel era un editor moi esixente que traballaba cos autores no relativo ao esquema, índice de contidos, extensión e tempo previsto para a súa publicación. En calquera caso pódese ollar desde o primeiro momento a procura dun equilibrio entre temas relacionados coas ciencias da terra (Maravillas de las regiones polares, El cortejo solar, un paseo por el cielo…) e as ciencias da vida (Pobladores del mar, Prodigios de las aves, Los seres microscópicos…), algo que era relativamente normal nas coleccións populares que comezaron a editarse desde as primeiras décadas do século XX. Posteriormente, a partir de 1945, introduciu o coñecemento da materia (Los átomos…) e, sobre todo, o avance científico e as súas consecuencias, positivas e negativas, sobre as sociedades humanas (Riesgo y promesa de la ciencia). Así como os dous primeiros grupos, correspondentes as ciencias da terra e da vida, semellan responder a unha premeditada planificación editorial, o último grupo puido ser o reflexo da preocupación mundial en relación coas aplicacións da ciencia que comezou a espallarse nos últimos anos da Segunda Guerra Mundial e, sobre todo, a partir do lanzamento das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki: «Las consecuencias inmediatas del descubrimiento de la bomba atómica no han podido ser más funestas para la paz y la reconciliación de los pueblos» (Riesgo y promesa de la ciencia, 1946). A cambio, a colección de textos sobre as aves que aparecerá no Correo Literario si que semellan responder a un interese moi especial e particular co autor sempre sentiu pola natureza.
Os libros e artigos de divulgación de Otero Espasandín, ademais de amenos e ben documentados, amosan un excelente dominio do idioma que se traduce en textos que a pesar de corresponder a un xénero literario considerado “menor”, acadan unha expresividade e calidade literaria notables. Por outra parte, o dominio que tiña Otero do mundo clásico e da cultura en xeral reflíctese no contexto histórico dos seus escritos, sempre presente e acaído.
Bibliografía:
Fontes impresas:
Divulgación da ciencia e da técnica:
OTERO ESPASANDÍN, X. (1941a). Maravillas de las regiones polares. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1944.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1941b). Pobladores del mar. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1944.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1942a). Prodigios de las aves. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1944.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1942b). Los seres microscópicos. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1945.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1942c). Gigantes marinos. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1945.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1942d). El cortejo solar. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1945.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1942e). Un paseo por el cielo. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1945.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1943a). Sociedades de insectos. Buenos Aires: Ed. Atlantida. 2ª ed., 1946.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1943b). Prodigios de las plantas. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1943c). Nuestro planeta. Buenos Aires: Ed. Atlantida. 2º ed., 1951.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1943d). La Antártida, como mito y como realidad. Buenos Aires: Ed. Pleamar.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1945a). Los átomos desde los griegos hasta nuestros días. Buenos Aires: Ed. Atlantida.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1945b). Animales viajeros. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1945c). El mundo de los reptiles. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1950). Los grandes ríos. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
Con pseudómino:
MOULIN, Roger (pseudónimo de Xosé Otero Espasandín) (1946a): La atmósfera inquieta. Buenos Aires: Ed. Atlantida.
MOULIN, Roger (pseudónimo de Xosé Otero Espasandín) (1946b): Volcanes y terremotos. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
BEACHDALE, Norman (pseudónimo de Xosé Otero Espasandín) (1946c): Riesgos y promesa de la ciencia. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
Traducións:
WHIPPLE, F. L. (1944): Tierra, Luna y planetas. Buenos Aires: Ed. Pleamar.
SMART, W.M. (1944): La astronomía al día. Buenos Aires: Ed. Abril.
ALLCOTT, A y BOLTON, H.S. (1945): La química al día. Buenos Aires: Nova.
Temas literarios, históricos e de arte:
OTERO ESPASANDÍN, X. (1941): La civilización del Nilo. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2º ed., 1944; 3ª ed., 1950.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1943e): Narraciones mitológicas. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1943f): La Grecia heroica. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1952 (Grecia heroica y clásica).
OTERO ESPASANDÍN, X. (1943g): La Grecia clásica. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1952 (Grecia heroica y clásica).
OTERO ESPASANDÍN, X. (1943h): Roma. La República. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1949 (Roma: La República y El Imperio).
OTERO ESPASANDÍN, X. (1943i): Roma. El Imperio. Buenos Aires: Ed. Atlántida. 2ª ed., 1949. (Roma: La República y El Imperio).
OTERO ESPASANDÍN, X. (1944): El deporte griego. Buenos Aires: Ed. Labor.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1945d): La civilización mesopótámica. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1947): El gran tablero de la política mundial. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1948): Historia de la educación. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
OTERO ESPASANDÍN, X. (1984): Cuentos que me contó Dieste. Sada-A Coruña: Ediciós do Castro.
Traducións:
NETTLESHIP, R.L. (1945): La educación del hombre según Platón. Buenos Aires: Ed. Atlántida.
LASKI, H. J. (1946): Reflexiones sobre la revolución de nuestro tiempo. Buenos Aires: Ed. Abril.
Artígos no Correo Literario (1943-1945):
“Amigos desaparecidos”: 15/11/1943.
“El amor entre las aves”: 01/12/1943.
“Extrañas amistades”: 15/12/1943.
“Majestades Antárticas”:01/01/.1944.
“El superviviente de tres ojos”: 15/01/1944.
“Seres que ignoran las fronteras”: 01/02/1944.
“Un pájaro que anda bajo el agua”: 15/02/1944.
“Alas sobre el mar”: 15/03/1944.
“La vida privada del carrizo casero”: 01/04/1944.
“Don Juanes femeninos entre las aves”: 15/04/1944.
“Plumas que cantan”: 01/05/1944.
“Un héroe del sur: El Pingüino emperador”: 01/06/1944.
“El caso del cuclillo”: 15/06/1944.
“El ave más útil: el Guanay”: 01/07/1944.
“Los amoríos del Honker”: 01/08/1944.
“Ciudadanos del Ártico”: 15/08/1944.
“Pájaros estetas”: 01/09/1944.
“El ñandú”: 15/09/1944.
“Aves embusteras”: 01/07/1945.
“Aves pescadoras”, 01/09/1945.
“El canto del cisne”: 01/11/1945.
Na revista De mar a mar:
“Orfeo”: 03/02/.1943.
Bibliografía secundaria:
CUQUEJO ENRIQUEZ, M. (2006): Xosé Otero Espasandín. Obra galega. Santiago: C. Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia.
DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, F. (2017): José Otero Espasandín (1900-1987). Un divulgador científico español en la Argentina, Arbor (en prensa).
OTERO VARELA, I. (2001): Otero Espasandín en El Correo Literario de Bos Aires, Consello da Cultura Galega (Ed.), Actas do Congreso Internacional “O exilio galego”., Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega;, pp. 948-969.
OTERO VARELA, I. (2008): Una aproximación a los libros infantiles en el exilio español (1939-1977), en A. Pelegrin, M.V. Sotomayor y A. Urdiales (eds.), Pequeña Memoria Recobrada. Libros infantiles del exilio del 39., Madrid: Secretaría Técnica. Ministerio de Educación, Política Social y Deporte.
PEREIRA, D. (2004): Xosé Otero Esapasandín. Vida e pensamiento dun cerdedense desterrado. Terra de Montes: Verbo Xido.
REI NUÑEZ, L. (1986): A travesía dun século. Biografía de Rafael Dieste. Sada-A Coruña: Ediciós do Castro.