culturagalega.org

Juan Alonso López y Nobal

Responsable da instrumentación científica na escola e laboratorio do Palacio Real

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Sisto Edreira, Rafael
  • Data de alta: 10/07/2012

Galeria


Instrumental científico que foi do Observatorio de Ferrol e que Juan Alonso López arranxou e clasificou. Museo naval de Ferrol. Foto de Rafael Sisto.

Como citar esta páxina:

  • Sisto Edreira, Rafael ([2012], “Juan Alonso López y Nobal”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 15/12/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=315
Untitled Document

Instrumental científico que foi do Observatorio de Ferrol e que Juan Alonso López arranxou e clasificou. Museo naval de Ferrol. Foto de Rafael Sisto.

Datos biográficos:

  • Nacemento: Descoñecida Ferrol
  • Falecemento: Madrid 1839
O ambiente que na súa xuventude se respiraba na cidade de Ferrol, determinou decididamente a súa formación e orientación profesional. A constitución do Departamento Marítimo do Norte en 1726, a construción do Arsenal entre 1752 e 1770, e a creación da Academia de Guardias Marinas no ano 1776, fixeron de Ferrol un dos referentes no desenvolvemento técnico e na introdución no Estado dun ensino marcadamente aplicado e práctico.

Coa axuda económica do seu irmá José Alonso López y Nobal, puido marchar a París entre os anos 1802 e 1805. Alí estudou ciencias físicas e naturais e quedou marcado pola renovación científica que se estaba producindo na Europa da época. Trala volta do rei Fernando VII a España no ano 1814, o suízo Juan Mieg foi contratado como profesor de Física do Real Gabinete e nomeado profesor de Física e Química cando en 1816 se crea a Escuela Físico-Química no Palacio Real. Semella que neste centro Juan Alonso López foi escollido por Mieg como axudante, aínda que que Reig-Ferrer cita nese posto a Joseph Acosta. Este feito puidera ter sido clave para que no ano 1820 Juan Alonso fora nomeado maquinista do Real Laboratorio Físico-Químico, establecido no Palacio Real de Madrid, onde permanecerá ata o final da súa vida. Balás y Silva afirma que o seu irmá, o deputado liberal José Alonso López y Nobal, influíu neste nomeamento e que o cargo ao que accedeu foi o de “Director del Gabinete de Física y Química del Real Palacio”.

Inventou varios aparellos e artificios, merecendo especial mención unha pluma xeométrica, un instrumento matemático co que se describen innumerables curvas xeométricas e que realizou co gallo dunha sorte de concurso convocado, por oficio do 5 de novembro de 1794, polo subinspector enxeñeiro de Arsenales do Departamento de Ferrol, no que propoñía que os mozos máis aplicados que practicaban en instrumentos náuticos baixo a dirección de José Baleato, fixeran unha peza maxistral da súa invención. O seu irmá José Alonso López y Nobal elaborou unha nova teoría de espiciclos que cifraba as propiedades das curvas descritas pola pluma xeométrica en ecuacións alxebraicas. O aparello depositouse no Observatorio de Ferrol –aínda que en 1811 pasou ao Observatorio de Cádiz, segundo Balás y Silva-, no que Juan Alonso López y Nobal traballo logo de volver de París, por orde do goberno ditada en 1806, como encargado de arranxar e clasificar a numerosa colección de instrumentos físicos e astronómicos que viñeran de Londres para o Observatorio ferrolán.



Bibliografía:



Bibliografía secundaria:

BALÁS Y SILVA, E. (1905): Memoria premiada, leída por el socio D. Emiliano Balás Silva, Médico civil, acerca del tema propuesto por el Ilmo. Sr. D. Andrés Martínez Salazar para el primer Concurso anual reglamentario de Memorias del Ateneo: “Noticias biobibliográficas del polígrafo ferrolano D. José Alonso López”, Anuario de las conferencias y debates del Ateneo Ferrolano en el Curso de 1904-19055, Ferrol: Imp. de El Correo Gallego; p. 33-114.

MAFFEI, E.; RUA, R. (1871-72). Apuntes para una biblioteca española, 2 vol., Madrid, Imp. de J. M. Lapuente; p. 401-403.

MURGUÍA, Manuel (1862): Diccionario de escritores gallegos, Vigo: Juan Compañel editor.

REIG-FERRER, A. (2009): “El profesor y naturalista D. Juan Mieg (1780-1859). En el 150 aniversario de su fallecimiento (I)”, Argutorio, 23: 9-17