culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

José Boado y Castro

Estudoso e divulgador das características técnicas do armamento dos exércitos do seu tempo

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Sisto Edreira, Rafael
  • Data de alta: 10/07/2012

Galeria


Ilustración do libro de José Boado, El fusil Mauser español, modelo 1893, publicado en Madrid en 1895.

Como citar esta páxina:

  • Sisto Edreira, Rafael ([2012], “José Boado y Castro”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 21/10/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=316
Untitled Document

Ilustración do libro de José Boado, El fusil Mauser español, modelo 1893, publicado en Madrid en 1895.

Datos biográficos:

  • Nacemento: A Coruña 1857
  • Falecemento: Oviedo 1900
Estudou na Academia de Artillería, arma na que desenvolveu toda a súa carreira técnica e militar. Ao rematar os estudos foi promovido ao emprego de tenente e estivo agregado ás fábricas de Trubia. En 1893 era capitán de artillería da Fábrica Nacional de Armas de Oviedo e no 1900 acadara a gradación de comandante. Visitou os principais establecementos de Francia, Inglaterra, Bélxica, Alemaña, Austria e Suíza para estudar os adiantos introducidos na fabricación de fusís de tiro reducido, o que constituíu unha da súas principais afeccións, e débenselle notables perfeccionamentos en ditas armas. Estivo asignado en importantes comisións técnicas oficiais.

Boado publicou varias obras con gran detalle técnico, centradas en distintos modelos de armamento. A primeira que se debe salientar é Los fusiles modernos en Austria-Hungría. Estudios y experiencias, (Boado, 1893). Este libro, de difícil localización (atópase na Biblioteca do Consulado, na Coruña), é unha descrición detallada das armas longas en servizo na época, en especial para infantería e cabalería. Contén cinco láminas a cor, con 125 figuras correspondentes ás distintas pezas, e gran cantidade de cadros cos datos de balística.

En 1894, publicou en Oviedo Los fusiles Mauser adoptados en Europa y América e, posteriormente, no 1897, El fusil Mauser español: modelo de 1893. Unha cuarta edición, ampliada, desta obra pode consultarse na Biblioteca General de la Zona Marítima del Cantábrico, en Ferrol. Nela fai a descrición do arma, munición, accesorios e funcionamento, e aporta numerosos cadros cos datos balísticos, unha lámina grande a cor mostrando a fronte e o perfil do arma, e máis de 110 figuras. Este libro foi obra regulamentaria para xefes, oficiais e mestres armeiros por Real Orde en 1895. Xa nos últimos anos da súa curta vida, en 1899, deu ao prelo El acero y la fabricación de fusiles, unha extensa e completa obra de dous tomos que contén 95 láminas con 1.157 figuras das distintas pezas.

Con motivo das súas viaxes profesionais fixo pequenas publicacións nas que recolleu as avantaxes técnicas máis sinaladas e os principios científicos que inspiran os procesos vistos. Así, logo da visita ao establecemento industrial de Komotau, publicou Procedimiento Mannesmann para la fabricación de tubos metálicos, (Boado, 1891), no que se relata o novo método industrial partindo dun bloque sólido de metal e posterior laminado, xa que ata aquela só se coñecía o envolvido de láminas con posterior soldadura ou ben o procedemento galvánico. O mesmo pode dicirse do artigo “La fábrica de armas de Steyr”, publicado no Memorial de artillería de 1892.

Boado publicou tamén textos de divulgación técnica, como son a Cartilla del fusil Mauser chileno, modelo 1895, a Cartilla de la carabina Mauser española, modelo 1895, para uso del soldado e a Cartilla del fusil Mauser español, modelo 1893, para uso del soldado, todos eles con profusión de gravados e describindo de forma sinxela o arma, a munición, os accesorios, o funcionamento e os datos balísticos máis importantes.




Bibliografía:



Fontes impresas:

BOADO y CASTRO, J. (1891): Procedimiento Mannesmann para la fabricación de tubos metálicos, Madrid: Imp. del Cuerpo de Artillería.

BOADO y CASTRO, J. (1893): Los fusiles modernos en Austria-Hungría. Estudios y experiencias, Barcelona: Imp. de Henrich y Cía.

BOADO y CASTRO, J. (1894): Los fusiles Máuser adoptados en Europa y América, Madrid: Imp. De Pardo, Gusano y Compañía.

BOADO y CASTRO, J. (1895): El fusil Mauser español, modelo 1893: descripción, municiones, accesorios, funcionamiento... , Madrid: Estudio Tip. Suc. de Rivadeneyra. (2ª ed.: Gijón, 1896; 3ª ed.: Oviedo: Pardo, Gusano y Cía, 1897; 4ª ed.: Oviedo: 1909, Tip. Menéndez y Carbajal).

BOADO y CASTRO, J. (1896a): Cartilla del fusil Mauser español modelo 1893 para uso del soldado, 2ª ed.: A Coruña, Imp. y Estereotipia de Vicente Abad.

BOADO y CASTRO, J. (1896b): Cartilla del fusil Mauser chileno modelo 1895: para uso del soldado del ejército de Chile, 3ª ed.

BOADO y CASTRO, J. (1896c): Le Fusil Mauser espagnol de 7 mill., modèle 1893, Imp. De Berger-Levrault.

BOADO y CASTRO, J. (1897): Cartilla de la carabina Mauser española, modelo 1895, para uso del soldado, A Coruña: Imp. V. Abad.

BOADO y CASTRO, J. (1899): El acero y fabricación de fusiles, Oviedo.

Bibliografía Secundaria:

ANÓNIMO: Boado y Castro, José, Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana, Madrid-Barcelona: Ed. Espasa-Calpe S.A.; 8: 1217.