ÁLBUM DA CIENCIA:
A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de especialistas. A dirección foi encomendada a Xosé A. Fraga Vázquez, da Sección de Ciencia, Natureza  e Sociedade do Consello, quen contou coa colaboración do coordinador desa Sección, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, na codirección, e de Alfonso Mato na coordinación e redacción.
Heliodoro Gallego Armesto
Un matemático polifacético
Nacemento:Pobra de Trives (Ourense) 1872. Falecemento: Santiago de Compostela 1934
Autor/a da biografía: Ricardo Moreno Castillo
Data de alta: 15/02/2013

Ámbitos de ocupación: Matemáticas /


Estudou na Universidade de Santiago e nesta cidade foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios. Membro da Delegación de Santiago da Sociedad Española de Historia Natural, colaborou en diversas revistas da época, entre elas Vida Gallega e o Boletín de la Real Academia Gallega. Ten publicacións sobre xeografía, física e matemáticas. Entre estas últimas podemos sinalar: Técnica algebraica, Elementos de trigonometría general y rectilínea e El eclipse total de Sol del día 30 de agosto próximo (un folleto sobre os eclipses en xeral, e sobre un que iba a suceder en agosto de 1905 en particular). É autor tamén dun traballo titulado Matemáticos españoles contemporáneos, dedicado ao galego Durán Loriga e ao navarro Zoel García de Galdeano.



Bibliografía:




Fontes impresas:

GALLEGO ARMESTO, H. (1896): Guía del ciclista en España: Provincia de Madrid, Madrid: Libreria editorial de Bailly-Bailliere e hijos.

GALLEGO ARMESTO, H. (1901), Estudio analítico experimental de la inducción y autoinducción magnético-eléctricas, Madrid: Antonio Marzo.

GALLEGO ARMESTO, H. (1904), Mapa de la provincia de Orense, Madrid: J. Blass y cia.

GALLEGO ARMESTO, H. (1905), El eclipse total de Sol del día 30 de agosto próximo, Santiago.

GALLEGO ARMESTO, H. (1907), Técnica algebraica, Santiago: Tipografía Galaica.

GALLEGO ARMESTO, H. (1920), Elementos de trigonometría general y rectilínea, Coruña: Tip. El Ideal Gallego.

GALLEGO ARMESTO, H. (1924), Matemáticos españoles contemporáneos, Santiago: Jacobo Rey González.

GALLEGO ARMESTO, H. (1926), Los ferrocarriles de Galicia: novísima guía en forma de itinerarios descriptivos, Santiago: Tip. El Eco de Santiago.


Bibliografía secundaria:

MORENO CASTILLO, R. (1992): Pensamento Matemático en Galicia, A Coruña: Ediciós do Castro.

Como citar esta páxina:
Ricardo Moreno Castillo ([2013], “Heliodoro Gallego Armesto”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 23/08/2019] [URL: http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=417

Máis información e materiales complementarios en http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=417

Un proxecto do
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar 
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202