Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
Juana Rouco Buela
Unha libertaria galega no Río da Prata
“A los 18 años, la policía me consideró un elemento peligroso para la tranquilidad del capitalismo y el Estado”. Estas palabras, escritas por Juana Rouco nas súas memorias, son un resumo do que significou a súa vida de loita e compromiso. Juana Rouco Buela representa a figura principal do anarquismo feminino tanto en Bos Aires como en Montevideo. É un paradigma do activismo político dos emigrantes galegos e todo un símbolo na loita polos dereitos da muller.
A nosa protagonista naceu en Madrid en 1889, filla de emigrantes galegos na capital de España. Aos catro anos quedou orfa de pai, o que obrigou á nai a se facer cargo en exclusiva dela e dun irmán. A difícil situación na que quedou a familia foi determinante na decisión de seguir o camiño da emigración. Deste xeito, chegan á Arxentina o 24 de xullo de 1900.
No país austral foi unha das primeiras loitadoras de tendencia anarquista. En 1904 participou como oradora no mitin do primeiro de maio, organizado pola Federación Obrera Regional Argentina (FORA) e o Partido Socialista; este acto foi violentamente reprimido pola policía. Tamén en 1904 participou no congreso da FORA representando aos obreiros da Refinería Argentina de Azúcar de Rosario, que estaban en folga.
En 1907, xunto con Virginia Bolten, María Collazo e Teresa Caporaletti, organizou o Centro Feminino Anarquista. Este centro pretendía ser un espazo para a divulgación do ideario ácrata entre as obreiras e as mulleres do pobo. Participou activamente no movemento contra o aumento dos alugueres. Nesta folga Juana Rouco destacou pola súa capacidade organizativa e por unha tempestuosa oratoria, que acadaron mobilizar á maioría dos conventillos de Bos Aires. Acudimos ás memorias de Juana Rouco para observar a crueza desta folga: “Ocho mujeres cargaban a pulso el féretro del niño asesinado por la policía comandada por Ramón L. Falcón. Pero el camino hecho a pie, desde Barracas hasta Chacarita era largo, entonces se turnaban con otras mujeres. Aunque en algún punto hubo que dejar el cajón en la calle para defenderse de la represión policial que ni a los muertos respeta. Detrás del ataúd, cerca de 700 vecinas de los conventillos encabezaban una columna de más de 5.000 trabajadores que abandonaban talleres y fábricas para concurrir al sepelio del joven mártir. Era un cortejo imponente de los vecinos más pobres de Buenos Aires”.
Juana Rouco foi deportada a Europa de resultas do atentado contra o presidente Figueroa Alcorta. Residiu en Marsella e Xénova, relacionándose con anarquistas franceses, españois e ingleses. Axiña decide volver ao Río da Prata, asentándose en Uruguai. En 1909 participou na creación en Uruguai do xornal La Nueva Senda. A súa participación nos mitins de protesta polo fusilamento de Ferrer i Guàrdia en Barcelona ocasionáronlle novas persecucións. En 1910 foi detida en Bos Aires sendo extraditada a Uruguai. Tras un ano en prisión foi posta en liberdade, volvendo a militar no anarquismo uruguaio.
En 1914 decidiu marchar a Europa, ao ser descuberta no barco que a levaba foi desembarcada en Brasil. Así, residiu en Río de Janeiro durante tres anos, nos que alternou o seu oficio de pasadora do ferro e o seu activismo sindical. En 1917 regresou a Bos Aires, onde participou activamente nas loitas sociais da época. En 1921 estivo presente na creación do Centro de Estudios Sociales Argentino, espazo de debate sobre temas relacionados coa vida privada e pública das mulleres. Entre 1922 e 1924 participou na edición do xornal Nuestra Tribuna, dirixido especificamente para as mulleres.
O golpe de Estado do xeneral Uriburu en 1930 supón unha paréntese no seu papel de activista sindical. Retorna á actividade pública no contexto da Guerra Civil española, participando nas organizacións de axuda á loita republicana. Nos anos corenta, coa chegada do peronismo ao poder, volveu abandonar a militancia activa. En 1964 publicou a súa autobiografía Historia de un ideal vivido por una mujer que conta, non só a súa vida, senón a historia das mulleres anarquistas. Deste xeito, podemos ler nas súas memorias “Pude demostrar con hechos que la capacidad de la mujer es exactamente igual a la del hombre y sólo le falta ejercicio y estímulo, ya que siempre se la ha ido colocando en un plano inferior de condiciones, haciendo abstracción de sus conocimientos y opiniones". A loita e o traballo de Juana Rouco contribuíron a que as mulleres deixasen de ocupar ese plano inferior.
Convertida nun símbolo do movemento libertario arxentino, Juana Rouco faleceu o 31 de outubro de 1969.
![]() ![]() |
Autor/a da biobibliografía:
OCUPACIÓN...
Político - Institucional Literario / LetrasExtras de Juana





