Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
José Costa Figueiras
Xornalista e escritor na Arxentina
Malia que a etapa de Costa Figueiras na emigración foi curta, as súas vivencias na Arxentina impregnaron totalmente a súa obra literaria. Deste xeito, os textos deste escritor e xornalista son un importante testemuño da emigración galega. Unha mostra máis da influencia dos nosos emigrantes.
José Costa Figueiras naceu na parroquia de Santa María de Touriz (Pantón) o 4 de abril de 1880. Estudou o Bacharelato en Ourense. As súas primeiras colaboracións literarias publicáronse nos xornais de Lugo El Regional e La Idea Moderna, así como en Heraldo de Monforte. En 1903 trasládase a Barcelona, colaborando coa prensa desta cidade. Tamén remitía escritos á prensa de Madrid, especialmente a Diario Universal, xornal do que foi corresponsal desde 1906. Na cidade Condal traballou na Editorial Seguí como redactor da Enciclopedia Ilustrada. En 1910 aséntase en Chantada, onde fundou o semanario Faro-Miño.
Decidido a emigrar á Arxentina, comezou a traballar nunha oficina recadadora da municipalidade de Bos Aires. As súas colaboracións na prensa do país de acollida comezaron axiña. Así, pertenceu á redacción do diario La Argentina. Fundou e dirixiu a revista Rojo y Gualda. Dirixiu tamén o Boletín do Centro Gallego de Bos Aires, publicación coa que seguiu colaborando despois de regresar a España.
O 5 de decembro de 1915 participou na fundación da Asociación de Chantada y su Partido, entidade da que tamén foi presidente. Ditou varias conferencias sobre temas gallegos. O 6 de xaneiro de 1916 no salón do Orfeón Gallego impartiu a conferencia El galleguismo en la Argentina. O 30 de agosto de 1916 no salón da Agrupación Artística Gallega ditaba a conferencia El arte de Galicia en Buenos Aires. Ambas conferencias, máis outros artigos publicados en Correo de Galicia e Suevia, foron recollidas no volume En tierras del Plata: mosaico de impresiones, publicado en Madrid en 1921. En Bos Aires publicou en 1913 a novela La risa de los dioses (Buenos Aires: Virgilio Guerra).
En xullo de 1917 regresou a España. Publicou dous libros relacionados coa súa experiencia na emigración: La sugestión de América: novela de emigrantes (1919) e Las fraguas de la fortuna: aguafuerte de la emigración (1920), ambas publicadas en Barcelona na Editorial Sopena. Para esta editorial traduciu do inglés as novelas de Henri Germain El secreto de Matilde e La venganza de Morabito. Na mesma editora publicou a tradución da novela El amante de la Hebrea de Marc Mario (alcume de Maurice Jogand). Cómpre destacar o feito de que Costa Figueiras foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Estabeleceuse en Madrid, onde comezou a traballar na redacción do diario El Fígaro. En 1926 publicou a novela Los agros de Sureda. Posteriormente, estivo destinado na Delegación de Traballo de Lugo. En Chantada fundou o quincenario El Regionalista. En 1947 regresou a Madrid para traballar na Sección de Estudios y Publicaciones do Ministerio de Traballo, en cuxo cargo se xubilou en 1950.
Faleceu en Chantada o 5 de xuño de 1955. O labor literario e xornalístico foi continuado polo seu fillo, Xavier Costa Clavell (Chantada, 1925 – Barcelona, 2006).
Autor/a da biobibliografía:
OCUPACIÓN...
Literario / Letras Medios de ComunicaciónExtras de José

