Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
Francisco San Román
O Rey de los cafeteros
Naceu na parroquia de Santa Baia de Camos no Concello de Nigrán (Pontevedra) o día 1 de marzo de 1861. Con só 11 anos colle o camiño da emigración e chega a Montevideo o 2 de maio de 1872. Posteriormente a súa familia trasladouse a Brasil, á rexión de Santa Catarina onde traballou nunha facenda produtora e exportadora de café.
Así, cando volve a Montevideo, coñecedor do negocio do café, e cun capital suficiente para iso, funda, co seu irmán Severino, unha cafetería especializada que se inaugura o 25 de xullo de 1885 baixo o nome de "Polo Bamba" na Rúa Colonia nº 6 e 8.
O comercio de San Román axiña se converte na sede dunha famosa tertulia literaria onde participan os máis importantes escritores (Vasseur, Florencio Sánchez, Eduardo Artecona, Edmundo Bianchi, Roberto de las Carreras y Alberto Lasplaces). A figura patriarcal deste galego, considerado un verdadeiro mecenas das letras, levouno a fundar o 8 de maio de 1889 un establecemento que foi unha verdadeira institución montevideana: o Tupí Nambá (nome referido aos indios tupí-nambás da rexión de San Vicente do Nordeste brasileiro co que seu dono lembraba as súas primeiras andanzas en terras americanas) na esquina das rúas Ciudadela con Buenos Aires, fronte ao Teatro Solís. Neste café-bar xuntábase a máis importante intelectualidade uruguaia.
De tal xeito que a famosa revista Caras y Caretas no 1900 incluía o seguinte aviso: Tupí Nambá. Buenos Aires, Frente al Solís. Nunca digerir podrá/ con felicidad usté, / si no toma del café/ que sirve Tupí Nambá.
En maio de 1899 San Román celebra cunha gran festa no Hotel de las Pirámides o décimo aniversario do seu famoso Tupí Nambá e alí na festa foi proclamado Rey de los Cafeteros e un amigo escritor Alcides de María improvisou os seguintes versos: Yo soy mate cimarrón. /Apenas se algún refrán/ pero como San Román/ lo mezcla en esto al fogón,/ evoca la tradición/ de los estilos camperos./ Y a quien da de estos pucheros/ yo ofrezco silvestres flores./Un viva, todos, señores, /al rey de los cafeteros.
O galego San Román foi moi querido polos intelectuais uruguaios que recoñecían a súa bondade. O seu café foi sede do famoso cenáculo "Teseo" onde se agrupaban poetas, novelistas, dramaturgos, pintores escultores baixo a presidencia de Eduardo Dieste. Deste cenáculo formaron parte tamén Justino Zavala Muniz, Enrique Casaravilla Lemos, Vicente Basso Maglio, Juan Parra del Riego, Carlos Sabat Ercasty, Ildefonso Pereda Valdés, Alberto Demichelli, Ernesto Herrera, Humberto Zarrilli, Manuel de Castro e outras destacadas figuras da intelectualidade uruguaia e onde San Román foi un máis nesta xuntanza.
Estivo asociado á "Asociación Protectora de la Cultura Gallega". Os seus fillos Francisco, Xoán Xosé e Luis María, foron socios do negocio paterno. Anos máis tarde asociouse co seu sobriño, Casiano Estévez, en 1899, que finalmente asumiu la administración do comercio a partir de 1911 cando Francisco San Román se retira.
O Tupí Nambá despareceu no 1959, deixando un baleiro difícil de encher, foi derrubado para construír no seu lugar unha torre de vivendas e unhas oficinas o que se coñece por Edificio Ciudadela.
Autor/a da biobibliografía:
OCUPACIÓN...
Empresarial / Prof. Liberais



