Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
Ramón González
Filántropo entre Ribadeo e O Porriño
Pasou a súa infancia e xuventude na súa vila natal. Sendo moi novo estableceuse en Arxentina e traballo como comerciante en Rosario de Santa Fé, onde acumulou un importante capital. Membro sobranceiro da "Asociación de Socorros Mutuos" e da directiva do "Club Español", ambas sociedades na cidade de Rosario. Nesa mesma cidade foi Conselleiro da sucursal do "Banco Español del Río de la Plata" en Rosario.
A principios do século XX voltou enriquecido ao seu pobo natal e promoveu a apertura de varias sucursais do Banco Español del Río de la Plata en Vigo y Santiago.
Tras regresar a Galicia asentouse no Porriño, de onde era natural a súa dona, Corona González Santos á que coñeceu nunha viaxe ao Porriño para visitar a un amigo da súa etapa na Arxentina. Entre as numerosas aportacións de Ramón González destacan a financiación do novo templo parroquial de Porriño que se inaugurou en 1913. Neste concello financiou o edificio municipal, obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo. Tamén doou o campo de fútbol da localidade.
O seu labor filantrópico estendeuse tamén á súa vila natal, Ribadeo, alí doou importantes cantidades de diñeiro, colaborando no desenvolvemento social e cultural. Foi membro da Sociedad de Socorros Mutuos e Instrucción La Concordia (creada en 1903) da que foi presidente no ano 1910. Tamén pertenceu ao Ateneo de Ribadeo, subvencionando as clases e comprando instrumentos para os alumnos. Deste labor destacou tamén a financiación do teatro, colaborou nas festas patronais de 1925 e doou unha importante cantidade de diñeiro para a construción da actual praza de abastos da vila. No ano 1922 foi nomeado “fillo predilecto” e todo o pobo rendeulle unha grande homenaxe en colaboración con el Ateneo y La Concordia.
Faleceu no Porriño o 15 de decembro de 1925.
Autor/a da biobibliografía: