Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
Laureano Rodríguez
Na elite do comercio da Habana
Laureano Rodríguez foi exemplo do grande comerciante galego en Cuba. A importante posición que acadou grazas aos seus negocios traduciuse nunha relevante posición social que o levou a ocupar importantantes postos, tanto no seo da colonía galega como na administración colonial. Estamos, pois, diante do paradigma do emigrante triunfador.
Laureano Rodríguez y Rodríguez naceu na Guarda o 4 de maio de 1839. Estudou filosofía no seminario de Tui. En 1859 abandona o seminario para se dedicar ao comercio. É por esta época cando chega a Cuba. No entanto, a súa experiencia na emigración non se restrinxiu á illa caribeña, pois, viviu en México durante o periodo en que o país estivo rexido por Maximiliano de Habsburgo.
Foi coñecido polo seu gran saber en Dereito Mercantil, en materia arancelaria e en tratados de comercio. En 1879 a Intendencia de Facenda nomeouno vogal secretario da Junta de Valoraciones. Desde 1880 desempeñou gratuitamente o cargo de profesor de Xeografía Universal e de España do plantel do Centro Gallego.
Desde 1881 a 1888 residiu en Santiago de Cuba, onde contribuíu á constitución do Centro del Comercio, da Junta de Obras del Puerto e da Cámara Oficial de Comercio. Foi elixido como vogal do Centro Gallego para o ano social de 1880/1881. Foi presidente da Liga de Comerciantes, Industriales y Agricultores de la Isla de Cuba; representando a esta corporación foi tamén membro da Liga Arancelaria, institución fundada en novembro de 1890. Como representante desta entidade saíu para Madrid o 17 de febreiro de 1895 co obxectivo de tomar parte nas deliberacións para a reforma dos aranceis de Cuba.
Foi colaborador do semanario El Eco de Galicia, publicando traballos entre 1878 e 1885. Foi socio de mérito da Real Sociedad Económica de Amigos del País da Habana. En 1898 ocupou o cargo de Secretario de Agricultura, Industria e Comercio no Goberno autónomo cubano. Os seus coñecementos foron empregados nos primeiros anos da República, tanto polo presidentes como polos Secretarios da Facenda e Estado. Faleceu na Habana en 1915.
Autor/a da biobibliografía:
OCUPACIÓN...
Empresarial / Prof. LiberaisExtras sobre Laureano

