Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
Ricardo Conde Salgado
Xornalista e docente en Bos Aires
Conde Salgado podería ser definido como o emigrante instruído. Aínda que os seus comezos na emigración podemos atopalos no comercio, como milleiros de galegos emigrados, a súa dedicación ao xornalismo e á docencia en Arxentina foi total.
Ricardo Conde Salgado naceu na Coruña o 3 de abril de 1853. Cursou o ensino secundario na Coruña e en Santiago de Compostela. En 1871 trasládase a Madrid para cursar a carreira de Medicina. Ora ben, tras dous anos de estudos decide emigrar á Arxentina.
Chega a Bos Aires o 8 de decembro de 1873 na corbeta "Eloísa". Comezou traballando no comercio, aínda que as súas inquedanzas levárono á docencia e ao xornalismo. Así, foi colaborador de El Correo Español e El Gallego. Participou na fundación de La Prensa Española. Dirixiu durante algún tempo La Opinión. Tamén colaborou nas publicacións de Castro López El Eco de Galicia e Almanaque Gallego.
Polo que toca á docencia, foi profesor en varios centro privados e no Instituto Mercantil. Catedrático de Xeografía Marítima, Historia e Lingua Castelá na Escola Naval Militar. Ademais, desde 1892 estaba en posesión do título de escribán público. En 1908 foi vogal dunha comisión creada para procurar fondos para erguer un monumento a Curros Enríquez na Coruña. En 1913 foi elixido como membro do consello de apelacións do Centro Gallego.
Entre as súas obras destacan: Misión civilizadora de los españoles en la conquista de América, obra premiada nos Xogos Florais organizados polo Centro Gallego; Canto a Galicia, premiado nos Xogos Florais organizados pola Asociación Patriótica Española o 22 de outubro de 1904; Los Municipios en la América Española (El Eco de Galicia, núms. 285-290, 1899).
Notábel poeta, a destacar as súas composicións poéticas na época da guerra cos Estados Unidos: "¡Judas!", "Un yankee traducido" e "Os porcos vencedores". Foi autor da letra da balada "Fóra do niño", estreada polo Orfeón Gallego Primitivo o 15 de xullo de 1899 nunha velada celebrada no teatro do Orfeón Español. A música desta canción foi composta por Egidio Paz Hermo. Membro correspondente da Real Academia Galega.
Faleceu en Villa Urquiza (Provincia de Entre Ríos) o 11 de setembro de 1938. O seu fillo, Ricardo Conde Diana, foi xerente do Banco de Galicia e alto directivo da Papelera Nacional.
Autor/a da biobibliografía:
OCUPACIÓN...
Docente Medios de ComunicaciónExtras de Ricardo


