Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
Hortensia Blanch Pita
Memoria de Silvia Mistral
Una playa inmensa, y nada más. Ni caseta, ni agua, ni comida, ni enfermeros, ni medicinas. Sólo la arena y el mistral. Y los senegaleses. Altos y negros, semejan niños a los que se ha dado un fusil y un uniforme y una orden de matar. Con estas palabras relatou Hortensia Blanch o drama do campo de refuxiados de Argeles-sur-Mer, en Francia, onde foron recluídos milleiros de republicanos españois. As súas crónicas fálannos dos desastres da guerra e da falta de humanidade. Non era unha ollada falta de experiencia: a vida de Hortensia Blanch comezara na emigración e encamiñábase cara ao exilio.
A escritora e crítica cinematográfica Hortensia Blanch Pita, máis coñecida polo seu alcume literario de Silvia Mistral, naceu na Habana en 1914, filla de pai catalán e nai galega. Pasou algúns anos da súa infancia na terra natal de súa nai, en Vilalba. Non obstante, en 1926 retornou a Cuba coa súa familia.
En 1931, tras a proclamación da II República, a familia volveu a España, instalándose en Barcelona. Nesta cidade comezou a traballar nun laboratorio químico; axiña comezarían as súas colaboracións xornalísticas. Aos 18 anos comezou a publicar textos nos suplementos literarios dos xornais Las Noticias e El Día Gráfico.
De Silvia Mistral cómpre destacar a súa actividade como crítica cinematográfica na revista Popular Film, ampliándose despois ás publicacións Films Selectos e Proyector. En xullo de 1936 Silvia Mistral fíxose cargo da sección de publicidade da Paramount, sección que tamén dirixira a escritora galega María Luz Morales.
Tras o comezo da Guerra Civil continuaría co seu traballo na industría química, ao tempo que publicaba colaboracións na revista Umbral. Destacan tamén as súas crónicas de guerra no xornal La Vanguardia. Tamén foi secretaria da revista Nuevo Cinema. Ao rematar a guerra marcha a Francia, onde permaneceu até embarcar no buque Ipanema con destino a México. Fronte á deshumanización que por aquel tempo vivía Europa, pódese lembrar aquí a grande mostra de solidariedade que deu México –co seu presidente Lázaro Cárdenas á cabeza− acollendo os exiliados españois.
Os seus últimos días en Barcelona e o drama dos campos de concentración en Francia ficaron reflectidos no seu libro de memorias Éxodo. Diario de una refugiada española, libro que contou co prólogo de León Felipe e que constitúe unha crónica dramática do exilio republicano. O texto foi publicado por entregas na revista mexicana Hoy, con ilustracións do artista sevillano Francisco Carmona. Posteriormente, foi editado en 1940 como libro pola editorial Minerva.
Xa en México conseguiu reunirse co seu compañeiro, o militante anarquista Ricardo Mestre. No exilio Silvia Mistral continuou a súa actividade como escritora, incluíndo o seu papel como crítica de cinema en revistas como Arte y plata. Así, escribiu contos para a revista Aventura. Foi autora de novelas rosa como Violetas imperiales. Outras obras desta autora foron: Madréporas, con ilustracións de Ramón Gaya; La cola de la sirena, El niño de la banda e La cenicienta china. Faleceu en México D.F. en agosto de 2004.
Autor/a da biobibliografía:
OCUPACIÓN...
Literario / LetrasExtras de Hortensia
