culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / Paz Parada Pumar

Paz Parada Pumar
Ourense 1905 - Ourense 2005
Unha carreira na medicina paralela a un apaixonante percurso vital.
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


64_ret.jpg Documento sin título
64_01.jpg
64_02.jpg

Ver a galeria comentada

Bibliografía...

GURRIARÁN RODRÍGUEZ, R.: Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado, Santiago, Servizo de Publicacións da USC. 2006



Ámbitos de ocupación:
Medicina 


De familia liberal ourensá, era filla dun veterinario e sobriña do pintor Parada Justel. Seu pai proporíase que todos os fillos fixesen carreira. Logo de facer o bacharelato, ela optaría por estudar medicina. Fixo os dous primeiros anos da carreira en Santiago, onde obtivo matrícula de honra co célebre anatomista Rodríguez Cadarso: “En las clases era la única mujer, entre sesenta matriculados (...) pero en Madrid, no éramos muchas más, cuatro conmigo”. Trasladárase a Madrid no curso 1925-26, estando aloxada catro cursos na Residencia de Señoritas. Entrou neste centro de elite da man do doutor López Enríquez, médico galego que estaba de profesor axudante de Oftalmoloxía da Facultad de Medicina da Universidade de Madrid, quen logo sería cuñado do seu marido: “Éramos cien chicas, los sábados íbamos al teatro, no nos dejaban salir de noche, sólo a las americanas, había mucho control (…) en la Facultad estuve con don Juan López Suárez, que daba prácticas en la clínica de Patología de San Carlos”.

Durante a súa estancia en Madrid acudiría aos Laboratorios de Bacterioloxía e Seroloxía (Paulino Suárez), e o de Anatomía Microscópica (Luis Calandre), da Residencia de Estudiantes, co fin de ampliar coñecementos nestas materias. Posteriormente, esta formación serviríalle para o seu definitivo asentamento profesional, pois a especialidade que escolleu foi a medicina de laboratorio e as análises clínicas. Na súa promoción houbo xente notable como o P. Arrupe e Severo Ochoa. Deste último Paz dicía que daquela era moi presumido.

En 1929 casou co médico puericultor Julio Freijanes Malingre (Ourense, 1899-1991), quen estivera de bolseiro en América, na Fundación Rockefeller (Nueva York). Marcharon a Lérida nese mesmo ano, ata 1932, pois Freijanes gañara unhas oposicións de Inspector de Sanidade. Paz daquela montara un laboratorio de Análises Clínicos na cidade catalana. Logo se asentarían en Lugo, cidade onde o seu marido obtivera praza.

Durante a Guerra Civil viviría moi de cerca a represión, pois seu marido, que estaba de Inspector Provincial de Sanidade, foi represaliado. Tivo unha suspensión de emprego e soldo de medio ano e logo estivo case un ano desterrado en Astorga, acusado de ser amigo de Marcelino Pascua, que fora Director Xeral de Sanidade, con quen estivera de Secretario, segundo Paz Parada, e por “exteriorizar” ideas de esquerda.

Despois da guerra se estableceron en Ourense, logo de cumprir a sanción. Paz Parada, que sería a primeira muller inscrita do Colexio Provincial de Médicos, rexeu un laboratorio privado de Análises Clínicas ata a súa xubilación. Seu marido, que tiña unha consulta de Pediatría, ostentou a Xefatura Provincial de Sanidade desde 1942 ata a súa xubilación en 1969. Xa centenaria, dona Pacita, como era coñecida popularmente, morreu en Ourense en 2005. Una muller que rachou tabús e incomprensións exercendo nun espazo que, daquela, “correspondía” aos homes, ao tempo de coidar e educar aos oito fillos que tivo.


Autor/a da biobibliografía: Ricardo Gurriarán


Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org