Image

Anuario 2018

Xa está aquí o Anuario 2018, a nosa escolma de novas dun ano intenso para a cultura do país. Un ano marcado pola importante presenza da muller na nosa cultura, tanto desde o Día das Letras Galegas adicado a María Victoria Moreno como pola amplísima presenza e debate en todos os sectores do ámbito cultural. Tamén foi o ano da consolidación profesional dos festivais musicais en Galicia, despois da tendencia crecente dos últimos anos. Foi tamén un ano no que moitas creadoras e creadores nos deixaron. Aquí podes consultar este amplo repaso a todo un ano de cultura no país.