Atalaia

Helena Almeida. Lavada em lágrimas (2009)
> Helena Almeida
Datas: 04/03/2013 - 03/05/2013

Artistas

Helena Almeida

Descrición

 

Helena Almeida (Lisboa, 1934) é unha artista referencial na arte portuguesa. Na exposición amosanse obras da serie Lavada em lágrimas (2010) que ocupan a sala principal da galería. Estas pezas xorden nun día de choiva no que a artista atopou o seu estudo anegado e o propio chan converteuse nun espello e así comezou a realizar bocexos do seu reflexo. 

Nas outras salas, expoñense obras anteriores, desde o díptico Desenho (1999) ata obras como Dos Espaços nas que comeza a incorporar na imaxe a Artur, o seu marido e colaborador, que datan do 2006. 

Helena Almeida  ten  exposto na Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa (1983 e 1987), na Fundação  Serralves de Porto (1995), no Centro Galego de  Arte Contemporánea de  Santiago de Compostela e no Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo, de Badaxoz (ámbalas dúas no 2000), no Centre d’Art Santa Mònica de Barcelona (2005) ou na Fundación Telefónica de Madrid (2008). 

En 2005 representou a Portugal na Bienal de Venecia. Foi recoñecida con galardóns como o Premio Photo España 2003 e o Premio Extremadura á Creación 2008 da Junta de Extremadura. 

Paralelamente a esta mostra na galería coruñesa, participa na exposición colectiva A Bigger Splash-Painting after Performance na Tate Modern de Londres.

 

Fonte: Galería Vilaseco Hauser