Atalaia

Larry Fink. Moses Soyer Studio, New York (1960)
> Larry Fink. Body and Soul
Datas: 12/04/2013 - 15/09/2013

Artistas

Larry Fink

Comisariado

Alain D´Hooghe

Descrición

 

 

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC), en colaboración co Centro Andaluz da Fotografía (CAF) e a Box Galerie de Bruselas, organiza a exposición retrospectiva Body and Soul do fotógrafo norteamericano Larry Fink, cuxa obra basease na reportaxe social, en blanco e negro cunha particular utilización do flash.

A mostra recolle máis dun centenar de fotografías nun percorrido retrospectivo a través da súa dilatada obra centrada na captación da intimidade do ser humano en diferentes circunstancias, o que o define como un mestre da reportaxe social. As súas famosas imaxes dalgunhas das celebrities máis afamadas dos Estados Unidos danse a mano con instantáneas de personaxes anónimos que reflicten a realidade e os contrastes da sociedade norteamericana. Larry Fink colabora habitualmente con recoñecidas revistas, entre elas Vanity Fair, W, GQ, Detour, Rolling Stone, The New York Times Magazine e The New Yorker.

A exposición está comisariada por Alain D’Hoogue (Bruselas, 1955), editor, autor, historiador da fotografía, profesor e comisario de varias exposicións en Bélxica e Francia.