Atalaia

Miguel Palma. Blue Skies in London and Vigo. 2010. Fotografía intervida, 38 x 25 cm
> Miguel Palma. 2,5 segundos
Datas: 15/12/2010 - 28/01/2011

Artistas

Miguel Palma

Descrición

Nesta exposición, o artista portugués Miguel Palma (Lisboa, 1964), un auténtico especialista e namorado do mundo do automóbil, da velocidade motorizada e das máquinas, presenta coas súas imaxes unha homenaxe a Jaguar, o fabricante de coches de luxo por excelencia.

Despois de que a súa sede en Coventry, no Reino Unido, sufrira un dos máis severos bombardeos da aviación nazi na 2ª Guerra Mundial, Jaguar conseguiu reconstruir a súa industria e refrotar a súa reputación durante os anos cincoenta cunha serie de elegantes e luxosos coches deportivos.

A exposición xira ao redor da viaxe que o artista fixo cun modelo Jaguar Mark 10, do 1963, entre Portugal e Gran Bretaña, e que por problemas mecánicos finalizou na cidade de Vigo.

A mostra está composta, dunha banda, por 62 imaxes intervidas de deseños de automóbiles, todos eles diferentes e únicos, procedentes dunhas fotografías cedidas polo arquivo fotográfico de Jaguar ao artista. Por outro lado, Miguel Palma presenta tamén unha intervención cun vídeo gravado durante a frustrada viaxe.

Fonte: Galería Bacelos