Notice: Undefined variable: totalRows_rs_galeriaImaxes in /var/www/html/cultura/html/avg/index.php on line 184 ||| AVG ||| AudioVisual Galego

NOTICIAS

A CORRESPONDENCIA FíLMICA DE "AL OTRO LADO DEL MAR" GAñA O PREMIO AO MELLOR FILME GALEGO

21/03/2023

Co final da 18ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico promovida polo Museo do Pobo Galego chegou o palmarés que recoñece os mellores filmes por categorías. O filme "Al otro lado del mar", unha longametraxe documental dirixida por Eloy Domínguez Serén e Samuel Moreno Álvarez na que os dous cineastas e amigos comparten aspectos das súas vidas e traballos en Galicia e Colombia acadou o Premio MICE ao Mellor Filme Galego da Mostra. O xurado subliñou o feito de que "se adentre nun xénero tan pouco visitado como é a vídeo correspondencia”. Estas cartas filmadas “recollen historias persoais, memorias afectivas, unha viaxe por planos con diferentes épocas de rodaxe, diferentes culturas, contextos e épocas sociais, filmadas ademais nun momento histórico moi concreto", que fan que sexa doado sentirse reflexado nas palabras, planos e sentimentos dos directores. O Premio CREA, que dentro da MICE outorga a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización foi para o filme "Tatuado nos ollos levamos o pouso", de Diana Toucedo. Unha curtametraxe sobre as mariscadoras dunha vila galega do sur de Galicia. O público decantou as votacións do seu premio para o filme galego Malgrat, de Santi Teijelo.

Amplía a nova

O FILME CHEGA ESTE VENRES AS SALAS DE CINE TRAS SER PREMIADO TAMéN COMO MELLOR óPERA PRIMA O TRABALLO DE ÁLVARO GAGO

20/03/2023

O filme "Matria", de Álvaro Gago sae do Festival de Málaga con dous recoñecementos encarando con eles a súa estrea en cines, este vindeiro venres. A protagonista do filme, a actriz María Vázquez, recolleu en Málaga o premio Biznaga de Plata á mellor interpretación feminina que outorga o xurado do festival polo seu traballo no papel de Ramona, a figura arredor da que xira a película "Matria". A cinta, baseada nunha anterior curtametraxe co mesmo título do realizador arousán, Álvaro Gago, é a súa primeira longametraxe, e recibiu tamén no evento malagueño o Premio ASECAN Ópera Prima da sección oficial de longametraxes. "Matria" conta a historia de Ramona, unha muller que vive nunha vila de Galicia sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara a dentro e a pensar que, tal vez, haxa algo novo polo que vivir.María Vázquez interpreta a Ramona. Completan o reparto Soraya Luaces, Santi Prego, Eduardo R. Cunha 'Tatán', Susana Sampedro e Francisca Iglesias, protagonista da curtametraxe e da historia real na que se inspira o filme.

Amplía a nova

O FORO DE COPRODUCIóN INTERNACIONAL DE TUI ACOLLEU UNHA DUCIA DE PROXECTOS

17/03/2023

Os pasados 8 e 9 de marzo o foro de coprodución VENTURA reuniu en Tui unha ducia de proxectos audiovisuais de diferentes países. Profesionais de produción, programación, vendas e distribución de países como Suíza, España, Reino Unido, Alemaña, Grecia, Suíza, Serbia, Italia, Dinamarca ou Estados Unidos atopáronse nesta iniciativa que se promove desde o festival Play-Doc.

Amplía a nova

OS INTéRPRETES FORON RECOñECIDOS POLOS SEUS TRABALLOS NA PELíCULA 'AS BESTAS'

14/03/2023

A parella de actores galegos que interpretan a dous irmáns na longametraxe de ficción 'As bestas', dirixida por Rodrigo Sorogoyen, conta dende onte cun novo premio polo seu traballo actoral. Neste caso o recoñecmento ven desde os seus compañeiros de profesión xa que se trata dos XXI Premios de la Unión de Actores y Actrices, que se entregaron onte no Teatro Circo Price de Madrid. Os compostelán subiron ao escenario ata tres veces. Diego Anido recibiu o premio Revelación masculino e volveu subir ao escenario a recoller tamén o que se lle entregou ao seu compañeiro de reparto en 'As bestas', o francés Denis Ménochet, que foi recoñecido como mellor actor protagonista de cine. Pola súa banda Luis Zahera volveu ver recoñecido o seu traballo interpretativo coa concesión do Premio de Cine ao mellor actor secundario.

Amplía a nova

O SáBADO PROXECTARASE A MULTIPREMIADA 'O CORPO ABERTO'

14/03/2023

A Coruña vai acoller desde hoxe e ata o vindeiro domingo a IV Semana do Cinema Galego, unha cita impulsada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA) co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña na que exhibe o máis salientable da produción audiovisual galega do último ano. Un total de nove filmes, finalistas e gañadores dun ou varios dos galardóns repartidos nos XXI Premios Mestre Mateo celebrados este pasado fin de semana, vanse proxectar no Teatro Colón da cidade herculina ao longo destes seis días. O público coruñés vai ter a oportunidade de gozar novamente en pantalla grande da gran triunfadora da última edición dos Mestre Mateo, "O corpo aberto", que acadou doce galardóns dos dezaseis aos que optaba, entre eles os das categorías de longametraxe, dirección e guión así como as de mellor interpretación masculina protagonista e de reparto para Tamar Novas e Federico Pérez, respectivamente. Nas sesións de proxección estarán presentes e participarán parte dos equipos responsables das obras. Deste xeito, visitarán A Coruña artistas como Jorge Coira, Manuel Manquiña, Xavier Villaverde, Manane Rodríguez, Ángel de la Cruz, Chelo Loureiro ou Ángeles Huerta, entre moitas outras figuras do noso cinema.

Amplía a nova

A LONGAMETRAXE IMPúXOSE LEVANDO 12 GALARDóNS, ENTRE ELES MELLOR LONGAMETRAXE E MELLOR DIRECCIóN

13/03/2023

A longametraxe 'O corpo aberto', de Ángeles Huerta, baseada nun relato de Xose Luís Méndez Ferrín, resultou a produción máis premiada na gala dos vixésimo primeiros Mestre Mateo. A ópera prima de ficción da directora conquistou as categorías de mellor longametraxe, dirección e guión para Ángeles Huerta, que comparte a última con Daniel D. García. As e os académicos recoñeceron cos seus votos a interpretación protagonista de Tamar Novas e a de reparto de Federico Pérez. O corpo aberto gañou tamén os premios á mellor dirección de arte para Antonio Pereira; dirección de fotografía para Gina Ferrer; dirección de produción para Tamara Soto; maquillaxe e perruquería para Raquel Fidalgo, Noé Montes e María Barreiro; mellor música orixinal para Mercedes Peón; mellor son para Diego Staub e Jordi Rossinyol e mellor vestiario para Teresa Sousa.

Amplía a nova

VIDEOS

PRODUCIÓNS

PROFESIONAIS

GALERÍAs

DOCUMENTOS

  1. Dossier | Pacios. As fotos da memoria Ficha abreviada, en portugués, desta obra-retrato dos viciños dun lugar galego

  2. Dossier | A paixón de María Soliña Ficha técnico-artística completa e notas de produción deste traballo sobre a figura histórica.

  3. Dossier | Anacos

  4. Máis documentos

ZONA FAN