NOTICIAS
A PELíCULA PODERá VERSE EN 10 LOCALIDADES GALEGAS E 8 DO RESTO DE ESPAñA
13/05/2022
A longametraxe 'Eles transportan a morte', dirixida como 'ópera prima' polo tándem formado pola cineasta santiaguesa Helena Girón (1988) e o tinerfeño Samuel M. Delgado (1987), chega hoxe ás salas comerciais de cine en toda España. O filme poderá ser visto agora en máis de vinte cines para os vindeiros días tras do seu paso por diferentes festivais desde o pasado ano. A película pasou pola Viennale de Austria ; pola 36ª Semana da Crítica de Venecia, onde foi premiada a nivel técnico polo seu son; polo Festival de Cine de San Sebastián, onde acadou unha mención especial; polo festival Cinespaña de Toulouse, que lle deu o premio á mellor realización e mellor son e música; o OUFF, no que recibiu o Premio Xacobeo; e polo festival Novos Cinemas de Pontevedra, onde venceu na sección oficial.
Amplía a nova
A MOSTRA NO QUIOSCO ALFONSO SUPóN O ACTO CENTRAL DO ANO INTERNACIONAL DEDICADO á ARTISTA
13/05/2022
O Quiosco Alfonso da Coruña acolle a exposición 'María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada'. A mostra retrospectiva realizada sobre a actriz de orixe coruñés supón o acto central do Ano Internacional María Casares, organizado polo Concello para conmemorar o centenario do seu nacemento.
A exposición contén máis de 200 pezas e fotografías que trazan unha cronoloxía da vida da actriz, desde o seu nacemento na Coruña ao seu éxito como actriz no exilio francés, pasando pola súa etapa en Madrid e a súa formación en distintos momentos. A mostra conta tamén con catro traxes orixinais utilizados por María Casares e os libros recuperados da biblioteca persoal de Santiago Casares Quiroga, pai da actriz, doados pola súa familia ao Concello. A mostra, de carácter divulgativo, concíbese como un achegamento integral á figura de María Casares a través de materiais de arquivo persoais e coleccións prestadas por 25 entidades diferentes. Esta exposición é de entrada libre e estará dispoñible ata o 25 de xullo no Quiosco Alfonso. Desde o Concello promóvese un calendario con máis de 20 actividades dinamizadoras, que van desde visitas guiadas teatralizadas á gravación dun podcast sobre a actriz, todas elas celebradas no Quiosco.
Amplía a nova
A CORUñA ACOLLE A MOSTRA DE CINEMA PERIFéRICO ENTRE O 27 DE MAIO E O 5 DE XUñO
13/05/2022
Co anuncio da estrea europea do último filme de Amy Halpern e un monográfico sobre Ute Aurand, (S8) Mostra de Cinema Periférico presentaba este doce de maio a súa XIII edición. A Coruña acollerá entre o 27 de maio e o 5 de xuño.
Amplía a nova
A USC PUBLICA UN VOLUME DE ESTUDOS SOBRE O AUTOR E A DEPUTACIóN DE PONTEVEDRA PRESENTA UNHA BANDA DESEñADA
12/05/2022
Cando se achega o 17 de maio, intensifícanse as iniciativas para celebrar a Florencio Delgado Gurriarán, poeta homenaxeado nesta xeira do Día das Letras. Dentro das máis recentes, a Universidade de Santiago acaba de presentar
Florencio Delgado Gurriarán. O soño dunha Galicia infinda, unha obra coordinada por Dolores Vilavedra que recolle seis traballos a facer "un percorrido pola biografía literaria, humana e sociolingüística do autor" e que incrementan as achegas de investigación sobre a súa figura.
Amplía a nova
O DOG PUBLICA A CONVOCATORIA PARA PARTICIPAR DESTE ORGANISMO, DOTADA CON 290.000 EUROS
11/05/2022
Logo do anuncio o pasado día 5 da constitución do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, este organismo comeza a súa actividade oficial. O Diario Oficial de Galicia deste 11 de maio publica a convocatoria por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da selección das empresas e proxectos que farán parte desta entidade. As firmas participantes repartirán subvencións por valor de 290.000 euros para facilitar a súa participación nas actividades da mesma.
Amplía a nova
CARLA ANDRADE OBTIVO O GALARDóN NA CATEGORíA GALEGA CON
NINGúN RíO ME PROTEXE DE MIN
09/05/2022
O Play-Doc, festival de documentais de Tui, fechou este 8 de maio a súa décima oitava edición coa entrega de galardóns.
Terra que marca, do portugués Raul Domingues, foi escolleito como mellor longametraxe internacional, a recoñecer un filme "ecolóxica sensible e realizado con grande beleza", segundo destacou o xurado.
Amplía a nova