Cristina Pascual / Actriz

Cristina Pascual

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Cristina Pascual
Cristina Pascual
Actriz
Nome completo: Cristina Pascual Rubín
Maceda (Ourense) 1973   



Comezou a súa andaina profesional a mediados da década dos noventa, e desde entón ten traballado ininterrompidamente en diversas curtametraxes e numerosas teleseries tanto a nivel autonómico como a nivel estatal. É sobre todo unha intérprete televisiva, actuando para a TVG, Telecinco, Antena 3 e Canal+. Ademais de experiencia en publicidade, ten participado en telefilmes.

Premios e recoñecementos: Mellor actriz de curtametraxe, premio AGAPI 2000 pola producción “Sandra” de Héctor Diéguez.


Formación específica: Actriz autodidacta, realizou cursos de interpretación en Galicia entre 1999-2001 na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, para logo trasladarse a Madrid onde seguíu a súa formación no taller de interpretación creativa de Eduardo Millewich entre 2002 e 2004 e asistir ás clases de voz impartidas por Esperanza Abad e Lidia García.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de Cristina Pascual

Galería de imaxes | ver As 8 fotos de Cristina Pascual

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Cristina Pascual (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org