Gala Nieves / Actriz

Gala Nieves

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Gala Nieves
Gala Nieves
Actriz
Nome completo: Gala Nieves Lameiro
Santiago de Compostela (A Coruña) 1982   



Aos vinte anos comeza no mundo das longametraxes con pequenos papeis en "Hotel Danubio" (Antonio Jiménez Rico, 2002) e "Los abajo firmantes" (Joaquín Oristrell, 2003). Tamén ten participado nas curtas "El refujio" de Raquel Choy, "Tiempo de familia" de Cristóbal Gómez, "Mañana será otro día" e "Black Jak", ambas de Concha López, así como en "La Gourmette" de Cristian Curto. Tamén conta con experiencia interpretativa en publicidade.

Formación específica: Asistiu a cursos de danza contemporánea en Santiago de Compostela e de teatro na coruñesa escola Danthea Teatro. Tamén foi alumna da escola de teatro "Cristina Rota" en Madrid, e da escola de cine "15 de Octubre" de Barcelona.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org