Carmen Sotelo / Actriz

Carmen Sotelo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Carmen Sotelo
Carmen Sotelo
Actriz
Nome completo: Carmen Sotelo Vázquez
Vilalba (Lugo) 1969   



Deu os primeiros pasos na interpretación dramática afeccionada, para despois formar parte dun grupo profesional en Salamanca, “Frayluc”. Ten representado unha ducia de obras de teatro desde 2003. No audiovisual ten participado en varias curtametraxes, entre elas “Motion” de 2002, “Pitido final” de 2003 e “Zeltia” de 2004, e en series de ficción da televisión autonómica galega. Así mesmo, tamén escribe textos dramáticos para revistas especializadas.

Formación específica: Diplomada en Arte Dramática polo Estudio de Teatro CasaHamlet (A Coruña, 2005) cos profesores Manuel Lourenzo, Santiago Fernández, Paulo Serantes, Pablo Rodríguez e Carlos Vizcaíno. II Congreso Galego de Expresión e Arte, modalidade teatro (Lugo, 1991). Curso Produción de Vídeo (Lugo 1994-95). Clases de interpretación con Matilde Blanco (A Coruña, 1998). Curso “A técnica do actor” (A Coruña, agosto 2003). Clases de Modelo, Relacións Públicas e Protocolo, Maquillaxe, Perruquería e Interpretación. Axencia de deseño e modelos “Catania”, e Axencia de modelos “Top Management”, 1997. “Seminario de Escrita Teatral” de CasaHamlet, impartido por Manuel Lourenzo (A Coruña, 2003-04). Clases de Canto (A Coruña, 2006).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org