Rubén Coca / Dirección

Rubén Coca

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Rubén Coca
Rubén Coca
Dirección
Nome completo: Rubén Coca
Ferrol (A Coruña) 1977   
Web propia



Director e produtor de curtametraxes cinematográficas e videoclips, realizador e guionista de traballos en cine, TV e publicidade. O seu traballo no mundo audiovisual céntrase na dirección e na edición, aínda que tamén elaborou os guións das curtametraxes “La Vida Mata” (1999), “El fruto del tedio” (2000), “Aquí no hay playa” (2001) e “Notamotof” (2004), todos emitidos polas canles de televisión Canal + e TVE Internacional. No mundo da pequena pantalla desenvolveu tarefas de realizador para o valencián Canal 9. En 1999 creou a produtora Rubén Coca P.C. Ten colaborado na realización de spots publicitarios, videoclips e imaxe corporativa.

Premios e recoñecementos: Primeiro premio nos festivais de curtametraxes de Galicia Xociviga’01, CMU de Madrid e VII Certame Nacional de Curtametraxes de Leganés, todos en 2001 por “El fruto del tedio”. Por este traballo tamén recibíu o premio ao mellor guión no I certame de guións de curtametraxes Francisco de Vitoria.


Formación específica: Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid. Técnico en Comunicación Multimedia (Universidade Francisco de Vitoria).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Rubén Coca (8)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org