Julio Casal / Produción

Julio Casal

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Julio Casal
Julio Casal
Produción
Nome completo: Notice: Undefined offset: 1 in /var/www/html/cultura/html/avg/persoas_detalle.php on line 367 Julio Casal Fernández-Couto
Ferrol (A Coruña) 1959   



Comezou traballando como produtor na TVG, onde estivo tres anos. Entre outros, encargouse dos concursos 3x4 e Gran Casino e dos programas Drop e Man con man. A continuación exerceu de produtor executivo para o grupo Voz. Nesta época desenvolveu a posta en marcha de Atlas, a desconexión autonómica para informativos de Tele 5. Despois foi xerente de AGAPI (Asociación Galega de Productores Independientes). A partir de 2005 tense dedicado exclusivamente á súa propia empresa, Ficción Producciones, da que é director xeral e socio maioritario. A compañía desenvolve telefilmes, anuncios de publicidade, programas televisivos e videos corporativos, entre outros produtos audiovisuais. Este produtor forma parte da Mesa Tecnológica de Videojuegos y Animación, e da Mesa Tecnológica de Alta definición, e pertence ao Comité Estratéxico do Clúster Audiovisual Galego. Tamén é membro da Academia Galega.

Formación específica: Diplomado en Empresariais. Fixo cursos especializados no audiovisual relativos a dereito, financiamento e mais comercialización. Cursou mestrados en comercio exterior, marketing, animación cartoon, estereografia e videoxogos, entre outros.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Documentos

CV de Julio Casal
Traballos e experiencia deste produtor

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Julio Casal

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org