Mariana Carballal / Actriz

Mariana Carballal

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Mariana Carballal
Mariana Carballal
Actriz
Nome completo: Mariana Fernández Pérez
Albarellos de Monterrei (Ourense) 1962   



Actriz cunha extensa experiencia en papeis de reparto nalgunhas das máis coñecidas teleseries, tanto da canles privadas españolas como da autonómica galega. Desde finais dos noventa incorpórase ao mundo das longametraxes ("Hotel Danubio", "Cuando vuelvas a mi lado"), intervindo en destacados títulos do cine galego. No eido teatral traballou con Teatro de Cámara (Madrid) e co Centro Dramático Galego, entre outras compañías. Interpreta o papel televisivio Maribel dos Tonechos no programa “Luar”.

Formación específica: Realizou tres cursos de interpretación para cámara, dirixidos respectivamente por Jaime Chávarri, Elena Arnao e Rosa Estévez. Licenciada pola Real Escuela Superior de Arte Dramático (Madrid, 1983). Curso de dobraxe (CTV, Santiago, 1986). Curso de ortofonía e dicción impartido por Jesús Aladrén (1991). Seminario de Dramaturxia dirixido por Lourdes Ortiz (1994). Curso de Dirección Escénica, impartido por Voris Pakrovski (1994). Seminario de Marketing Audiovisual (G.Velasco, F.Rodríguez, 1997).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de Mariana Carballal

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Mariana Carballal

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Mariana Carballal (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org