Carlos L. Ríos / Realizador

Carlos L. Ríos

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Carlos L. Ríos
Carlos L. Ríos
Realizador
Nome completo: Carlos López Ríos
Ourense 1975   



Realizador, editor e posprodutor, tamén coñecido como "El Menda". Ten traballado en numerosas producións audiovisuais promocionais, tanto institucionais como de empresas privadas. Ten experiencia en edición e posprodución de magazines televisivos (Actual, A tarde é nosa) e videoclips (X.M.Budiño, Milladoiro), así como en tratamento de vídeo para Internet (Trece badaladas). Fixo gravación de concertos de música e documentais e tamén guión e dirección de animación (proxecto de curtametraxe O creador de nubes). Desde 2008 traballa por conta propia.

Formación específica: Técnico especialista en operacións de imaxe e son, rama postprodución. Técnico especialista en realización de programas audiovisuais. Cursos: “El Objeto y la mirada”. Curso fotográfico (Chema Madoz); “El Guión Audiovisual” (Ángel de la Cruz); “Realización y Producción para animación” (Ars Animación, Madrid).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org