Arturo Kress / Música

Arturo Kress

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Arturo Kress
Arturo Kress
Música
Nome completo: Arturo B. Kress Varela
A Coruña 1964   
Web propia



Compositor musical e técnico de son vencellado ao audiovisual galego, é o autor da banda sonora das longametraxes da produtora Dygra. Despois de ser axudante de son en 1993 na rodaxe da longametraxe “Tirano Banderas”, traballou como técnico de son en teleseries como “Nada es para siempre” e documentais como “Pucho Boedo”. Iniciara a súa carreira musical como batería nos grupos Los Doré e Ritmanmuchos e en 1986 comezou a compor partituras para a produtora coruñesa Luz Directa. Ten musicado anuncios televisivos, documentais, videos e curtametraxes.

Premios e recoñecementos: “Paranoia digital”, premio AGAPI á mellor banda sonora orixinal en 1997. “Sabes que te quero”, premio AGAPI á mellor banda sonora orixinal en 1998. “O Bosque Animado”, galardonada nos premios do audiovisual galego “Chano Piñeiro” 2001 na categoría de mellor banda sonora, e mais nos premios Goya, pola mellor canción orixinal. Esta película tamén foi candidata por parte da Academia da Música ao premio ao mellor álbum de banda sonora nos premios da música, 2002. “O soño duhna noite de San Xoán” premiada pola Academia Galega do Audiovisual nos premios “Mestre Mateo” 2005 como mellor banda sonora orixinal.


Formación específica: Cursou estudios musicais no Conservatorio Superior de Música da Coruña.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Arquivos de audio


  • Os mortos van ás présas: Fariño do mar

  • O soño dunha noite de San Xoán: Mostaza

  • O soño dunha noite de San Xoán: Descubrindo Oniria

  • O bosque animado: Muiñeira das ánimas

  • O bosque animado: Furacroios e Linda

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Arturo Kress (2)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org