Muriel Sánchez / Actriz

Muriel Sánchez

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Muriel Sánchez
Muriel Sánchez
Actriz
Nome completo: Muriel Sánchez Sánchez
A Coruña 1980   
Web propia



Actriz e cantante. Desenvolve a maior parte da súa actividade no ámbito teatral, traballando en numerosas obras como “La Estrella de Sevilla” ou “Romances del Cid”, na Compañía Nacional de Teatro Clásico e “Ricardo III” ou “Seis personaxes á procura de autor”, no CDG. No sector audiovisual ten traballado en series de ámbito estatal como “Cuéntame cómo pasó”, da TVE, e “El Comisario”, de Telecinco. Durante tres temporadas protagonizou asimesmo a serie “Rías Baixas”, da TVG. No cine ten participado en curtametraxes como “Bágoas” e longametraxes como “Afranio”.

Formación específica: Licenciada en Interpretación pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (RESAD), estuda así mesmo Canto e Piano no Conservatorio de Música de Madrid. Ten realizado varios cursos de Dobraxe e Cine con Carlos Tostado, Gloria Padura e Ángel Almazán, un Curso de Interpretación con Cristina Rota e un Curso de Posgrao sobre Teatro Clásico, impartido pola Asociación José Estruch na RESAD. No ano 2004 recibe unha bolsa do Ministerio de Educación para Profesionais da Cultura, coa que realiza Estudios Superiores de Teatro en Londres, na Central School of Speech and Drama e na Arts Educational School. Tamén en Londres realiza un Curso sobre Meyerhold e a Biomecánica, dirixido por Vladimir Granov dentro do International Workshop Festival of London. En 2006 participa no XI Laboratorio Internacional de Comedia del Arte, dirixido por Adriano Iurissevich no Centro di Formazione Teatrale Venezia Inscena (Venecia).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Muriel Sánchez

Galería de imaxes | ver As 17 fotos de Muriel Sánchez

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org