Martín Rivas / Actor

Martín Rivas

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Martín Rivas
Martín Rivas
Actor
Nome completo: Martiño Rivas López
A Coruña 1985   



Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie de Video Voz para TVG "Mareas Vivas". Traballou nela de 1989 a 1999, nas temporadas primeira a terceira. En 2005 tivo tamén un papel de reparto, como David, nas dúas primeiras temporadas de "Maridos e mulleres", de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico deu o salto ás estatais con títulos como "SMS" (Globomedia para La Sexta) nun rol episódico dos capítulos 221 a 225. É protagonista da serie "El Internado" de Antena 3.

Formación específica: Alumno de 4º curso da Licenciatura de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Alumno de 4º ano de formación actoral regular no Centro de Formación de Teatro e Danza “Espacio Aberto”. “Curso de voz” do Plan de Formación Actoral 2005, organizado polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación AISGE (50 horas).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Martín Rivas

Galería de imaxes | ver As 5 fotos de Martín Rivas

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org