Xaime Fandiño / Dirección

Xaime Fandiño

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xaime Fandiño
Xaime Fandiño
Dirección
Nome completo: Xaime Fandiño Alonso
Vigo (Pontevedra) 1952   
Web propia



Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo desde 2003, foi realizador desde o inicio da TVG en 1985. De 1990 a 1994 foi xefe de realización e edición de informativos e deportes na canle autonómica. Na Galega traballaría como realizador até 2002, ano no que comeza o seu traballo docente na Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo. Na súa etapa televisiva realizou e dirixiu programas que mereceron o recoñecemento da crítica e do sector, como "A tumba aberta", "A toda máquina", ou "Chambo". Dúas das áreas que as súas producións máis teñen explotado son o documental e os formatos televisivos misceláneos.

Premios e recoñecementos: Premio Op-Art ao mellor programa da TVG por "A tumba aberta" (1987). Premio TP ao mellor programa musical por "A toda máquina" (1988). Premio AGAPI á mellor produción de televisión por "Chambo" (1999). Premio Mestre Mateo ao mellor documental por "Vivir en Manhattan" (2002).


Formación específica: Licenciado en Xornalismo pola USC (1995). Doutor en comunicación audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid (2000).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org