Eloy Lozano / Dirección

Eloy Lozano

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Eloy Lozano
Eloy Lozano
Dirección
Nome completo: Eloy Lozano Coello
Ourense 1953  2009 Santiago de Compostela



Desenvolveu labores como artista plástico, fotógrafo, videoartista, deseñador e publicista. Autor da primeira curtametraxe en 35 mm en língua galega (Retorno a Tagen Ata, 1974), dirixiu a súa única longametraxe en 2001 (As belas dormentes). Logo da súa opera prima fixo varios traballos de corte documental, preparou unha versión de A esmorga de Eduardo Blanco Amor que non chegou a concretarse e, coa colaboración do Museo do Pobo Galego, recuperou o documental de Antonio Román El hombre y el carro (1940). Xa desde os inicios a súa carreira estivo vencellada ao mundo da publicidade. Empresario do sector audiovisual a través da súa firma Off Films, S.L., realizou anuncios e videos promocionais para importantes firmas do sector téxtil, vinícola e institucional en Galicia. Tamén participou na organización do I Festival de Cine Independente de Ourense, en 1996.

Formación específica: Completou os seus estudos de Ciencias do Cine, Televisión e Fotografía na Universidade Complutense de Madrid.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Documentos

Manifesto. Declaración sobor dos cines nacionales
Manifesto asinado nas "IV Xornadas de Cine en Ourense"

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Eloy Lozano (8)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org