Sara Casasnovas / Actriz

Sara Casasnovas

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Sara Casasnovas
Sara Casasnovas
Actriz
Nome completo: Sara Casasnovas Pumar
Ourense 1984   
Web propia



Foi Carol en A miña sogra e mais eu (TVG), saiu en SMS (La Sexta) e La chica de ayer (A3) e protagonizou a terceira temporada de Amar en tiempos revueltos (TVE) e a antepenúltima de Hospital central (T5). Actuou en telefilmes como Gernika bajo las bombas (dir. Luis Marías, 2012), Arriya (dir. Alberto Gorritiberea, 2010) e ¿Quién mató a Hipólito Roldán? (TVE, 2008). Comezara na interpretación en 2003, e desde daquela leva facendo teatro ininterrompidamente, ademais de cabaret e performances. Ten experiencia en dobraxe publicitaria para radio e televisión e participou en curtametraxes como Alex y yo, Servicio de lavandería, Promesas, Por el amor de Dios, Adios Muñeca e AM:PM.

Premios e recoñecementos: En 2010 levou o premio á mellor actriz por Adiós, muñeca en tres festivais, os de Dunas (Fuerteventura), Kimera (Campobasso, Italia) e El Sector (Madrid). Tamén gañara os seguintes recoñecementos anteriormente: Vieira de prata (Galicia) como actriz revelación. Festival de Montecarlo, candidata á mellor actriz. Premio Dulcinea (Castilla-La Mancha) á actriz revelación. FETEGA (Festival de teatro gallego), mellor actriz. Candidata á mellor actriz para os premios TP de ouro.


Formación específica: Estudos de interpretación, voz e corpo na Escola de Arte Dramática Casa Hamlet da Coruña e tamén na Sala Cuarta Pared, de Madrid. Cursos de acrobacia, clown e interpretación ante a cámara na escola San&San da Coruña. Curso de “Interpretación e corpo”, dirixido por Carlos Neira en Espacio Aberto (Santiago de Compostela). Seminario de interpretación conducido por John Strasberg. Curso de voz, expresión corporal e máscara neutra dirixido por Mar Navarro e Andrés Hernández. Curso de clown impartido por Jöhns Pappila. Curso de cabaret e espectáculos con Ángel Burgos. Laboratorio de creación (guión-interpretación) de Mariano Barroso. Seminario de interpretación baixo a guía de Bob Macandrew. Laboratorio de creación (guión-interpretación) de Benito Zambrano.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 5 videos de Sara Casasnovas

Galería de imaxes | ver As 5 fotos de Sara Casasnovas

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Sara Casasnovas (8)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org