Estíbaliz Veiga / Actriz

Estíbaliz Veiga

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Estíbaliz Veiga
Estíbaliz Veiga
Actriz

Celeiro de Mariñaos (Barreiros, Lugo)    



No eido da TV traballou en Homicidios (Telecinco 2011) e Catro fiestras (CTV 2006) e foi reporteira para Diga 33. A partir de 2002 destacan no seu curriculum diversos títulos da TVG e desde 2005 ten actuado en teatro nunha ducia de montaxes. Fixo vinteseis curtametraxes nunha década, entre outras La entrevista e Una vida sin ti, ambas de Alba Cuesta, Madrid, 2004; Ya no quedan hombres (Julio Pereira, 2004); Enemiccisimo (Juanchis Lee, 2004); Welcome to... (Rafa Toba, 2005); O feitizo das bolboretas (María Martínez, 2006); Marta (Juan de Oliveira, 2006); A Partida (2006); Inocencia perdida (Álvaro Liste, 2010). O seu debut cinematográfico foi en 2008 con Los muertos van deprisa. Tamén foi profesora de teatro para nenos e nenas.

Formación específica: Diplomada en Pedagoxía Teatral pola UDC. Mestrado en Interpretación diante da Cámara para Cine e TV da Central de Cine de Madrid (2008-09). Bolseira do Consorcio Audiovisual de Galicia. Cursos con J. Strasberg (2011), T.Leabhart (2011), de dobraxe en Área 5, de expresión corporal con M. Navarro, de interpretación para a cámara con M.Barroso, I.Aierra, C.Soler, A.Hernández, de teatro na aula con C. Ramos, de actuación para longametraxe con A.Sánchez e E. Lesmes, de arte dramática con C. Pazó, de monólogos con C.Utrilla, S.Bilbatúa e C.Calparsoro, entrenamento para actores con M.Pombo, monólogos shakesperianos en inglés con K.Stwart, de voz para intérpretes de M.Pinillos. Outros con D.Serrano, R. Estévez, D.Planell, N.Cardoso.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 3 videos de Estíbaliz Veiga

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Estíbaliz Veiga (4)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org