Chete Lera / Actor

Chete Lera

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Chete Lera
Chete Lera
Actor
Nome completo: Ramón Mariano Fernández Lera
A Estrada (Pontevedra) 1949   



Experimentado intérprete, é un dos actores galegos cunha filmografía máis ampla. Comezou no teatro a finais dos setenta. No audiovisual estreouse coa curta “Crisis” (1981), mais o seu despegue comeza en 1989 con “La forja de un rebelde” de Mario Camus. Desde entón traballa ininterrompidamente no cine, ás ordes de directores reputados como Julio Médem ou Montxo Armendáriz. Supuxo un gran pulo na súa carreira “Familia” (1996) de Fernando León, con quen repetiría en “Barrio” (1998). Ten mantido o contacto co audiovisual galego a través de filmes e curtametraxes producidas no país.

Premios e recoñecementos: Premio á mellor interpretación masculina ao conxunto dos actores de “Smoking Room” no Festival de Cine Español de Málaga 2002. Premio de honra Pedigree no Festival de Cans (2008) por toda a súa carreira. Premio á mellor interpretación masculina protagonista nos premios Mestre Mateo 07 (2008), por “O neno de barro”. Nestes galardóns tamén era candidato ao premio á interpetación masculina de reparto por “Concursante”. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación masculina protagonista por “Os mortos van ás présas”.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 7 videos de Chete Lera

Galería de imaxes | ver As 16 fotos de Chete Lera

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Chete Lera (15)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org