Manane Rodríguez / Dirección

Manane Rodríguez

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Manane Rodríguez
Manane Rodríguez
Dirección

Montevideo (Uruguay) 1955   



Afincada en España desde 1977 e na Coruña desde 2005, en Madrid estudou dirección cinematográfica. A primeiros dos noventa ingresou na Plataforma de Novos Realizadores, da que é socia de honra. Traballou en diversos programas de TVE. Participou como encargada de vestiario en longametraxes de Carlos Serrano, Luís Berlanga e Julio Sánchez-Valdés. En 1994 cofunda a produtora coruñesa Xamalú Filmes. En 1996 realiza a súa primeira longametraxe, `Retrato de mujer con hombre al fondo´.

Premios e recoñecementos: Premio Luís Buñuel de Cinematografía (1990) pola curtametraxe `Juego de café´, baseado nun conto de Mario Benedetti. Premio do público á curtametraxe `Golpe a Golpe´, no Festival de Cine de Mujeres (Madrid 1992). Premio Calabuch á mellor opera prima no festival de Peñíscola, para `Retrato de mujer...´. Mención Especial FIPRESCI á longametraxe `Los pasos perdidos´, no Festival Internacional de Valladolid (2001). A mesma película levou a Targa de Plata do xurado internacional e Premio do público no festival Internacional de Mulleres de Turín.


Formación específica: Dirección cinematográfica no Taller de Artes Imaginarias - T.A.I. (Madrid) tendo como profesores a Miguel Picazo e Jaime Chávarri.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Manane Rodríguez

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Manane Rodríguez (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org