Manuel Riveiro / Música

Manuel Riveiro

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Manuel Riveiro
Manuel Riveiro
Música
Nome completo: Manuel Riveiro Hermo
Catoira (A Coruña) 1974   



Músico e compositor, a mediados dos noventa comezou compondo música para teatro no seu concello natal de Catoira e uns anos máis tarde deu o salto ao audiovisual. Isto levouno a realizar un intenso labor creativo tanto a nivel nacional como internacional. En só cinco anos desenvolveu dúas ducias de bandas sonoras.

Premios e recoñecementos: Recibiu o premio Jerry Goldsmith 2008 á mellor música pola curtametrax Man. Foi finalista nos premios Mestre Mateo 2008 pola docuserie Historia dunha parroquia. Gañou o premio María Casares 2008 á mellor música orixinal pola obra teatral A piragua, de Cándido Pazó.


Formación específica: Estudou piano no Conservatorio Superior de Santiago e composición na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Recibiu dúas bolsas da AIE para formarse en música moderna e jazz, e completou a súa formación no Berklee College of Music de Boston grazas a unha bolsa da Fundación Autor.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Manuel Riveiro

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Manuel Riveiro (5)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org