Rubén Pardiñas / Dirección

Rubén Pardiñas

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Rubén Pardiñas
Rubén Pardiñas
Dirección
Nome completo: Rubén Pardiñas
Vigo (Pontevedra) 1976   



A súa traxectoria cinematográfica comezou como director artístico, na longametraxe “La Fiesta” (C.Villaverde e M.Sanabria, 2003) e na curtametraxe “Brasil” (F.J.Gutiérrez, 2002) entre outras. Foi produtor asociado e deseñou o vestiario especial da curta “Snuff 2000” (B.Crespo, 2002). Como guionista é autor de “Lo más profundo es la piel”, peza para o Festival Internacional de Arte Contemporáneo en Barcelona BAC!2004. En 2007 comezou unha activa labor dentro do campo do documentalismo. Na actualidade traballa como guionista de publicidade e proxectos museográficos para a produtora madrileña Pasacana Films.

Premios e recoñecementos: Brasil recibiu o premio á mellor dirección artística no Festival de Arona (Tenerife, 2002).


Formación específica: Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org