Iria Sobrado / Actriz

Iria Sobrado

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Iria Sobrado
Iria Sobrado
Actriz
Nome completo: Notice: Undefined offset: 1 in /var/www/html/cultura/html/avg/persoas_detalle.php on line 367 Iria Fernández Sobrado
O Carballiño (Ourense) 1979   
Web propia



Interpretou os papeis de Juana en "Diario dun skin" e de Ánxela na primeira temporada de "Avenida de América". Con experiencia en teatro e performance desde 1999, foi bolseira de arte dramática e axiña comezou a aparecer en curtametraxes como “Curling” (Andrés Rosende 2003), e como actriz de reparto en teleseries e telefilmes. Ademais de protagonizar as curtas “3 millones” (Raquel García 2004) e “Etcétera” (Pachi Baranda 2007), tamén ten traballado ocasionalmente en publicidade.

Formación específica: Espacio Aberto 2002-2005, Escola de formación de teatro e danza dirixida por Carlos Neira. Curso “Preparación física do actor” (C.Neira 2005-07). Curso “Cabaret” (Á. Burgos e L. Santamaría 2006). Curso “Claqué” (Rubén Sánchez 2005). Curso “Body percusión” (R. Sánchez 2005). Curso “Performance dynamics” (Johnny Melville 2004). Curso “Teatro de la escucha” (Moisés Mato 2004). Curso “Contact” (Marco Regueiro 2004). Curso de verán “Teatro e cinema. Por unha achega interartística” (USC 2003). Cursos de clown (2000, Néstor Muzo e Jouse García). Seminario “La vía láctea” de Luís Buñuel (USC 2000). Seminario “Interpretación Teatral” (Alfredo Rodríguez 1999). Escola de Teatro “Nove-Dous” (O Carballiño 1997).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Documentos

CV de Iria Sobrado
A listaxe detallada de traballos e formación desta actriz

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Iria Sobrado

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org